Operación Triunfo (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Operación Triunfo
Concursantes OT 2001.jpg
Os 16 concursantes da primeira edición do concurso en 2001.
FormatoReality musical
Creado porToni Cruz
Josep Maria Mainat
Joan Ramon Mainat
Dirixido porNia Sanjuán
País de orixeEspaña España
Produción
Produtor(es)Gestmusic Endemol
Emisión orixinal
Canle de orixeTVE (2001-2004; 2017-)
Telecinco (2005-2011)
Primeira emisión22 de outubro de 2001
Ligazóns externas
Páxina web

Operación Triunfo, máis coñecido polas súas siglas OT, é un programa de televisión español creado en 2001 como talent-show musical para formar cantantes nunha academia. O formato consiste na presentación dunha serie de concursantes que deben demostrar semana tras semana as súas capacidades como cantantes nunha gala en directo e que se enfrontan a nomeamentos para abandonar a academia.

O concurso emitiu once edicións desde 2001 ata 2020. As tres primeiras tempadas, de 2001 a 2004, emitíronse en La 1 de Televisión Española. De 2005 a 2011, Telecinco emitiu desde a cuarta á oitava tempada. Despois de varios anos sen televisarse, en 2017 o formato volve a La 1 de TVE, emitíndose tamén en 2018 e 2020.

O programa serviu como plataforma directa para seleccionar, en cinco ocasións, o representante español no Festival da Canción de Eurovisión: Rosa López (2002), Beth Rodergas (2003), Ramón del Castillo (2004), Amaia Romero e Alfred García (2018), e Miki Núñez (2019). Ademais, outros concursantes do programa tamén lograron representar a España no festival anos despois de pasar polo programa, como no caso de Soraya Arnelas (2009) e Edurne (2015), ademais de Gisela (2008), que representou a Andorra.

O concurso deu a coñecer a numerosos artistas do panorama musical español, e ademais as súas edicións de 2001 e 2017 convertéronse en fenómenos sociais destacados en España:[1][2][3] en 2001 destacan David Bisbal, David Bustamante, Chenoa e Rosa López; e en 2017 destacan Aitana, Ana Guerra, Lola Índigo, Alfred García, Cepeda, Miriam Rodríguez ou Amaia.[4][5] Estas dúas edicións foron as máis exitosas de Operación Triunfo en termos de audiencia e impacto social.[6] Outros artistas destacados que participaron no concurso son Manuel Carrasco, Soraya, Edurne ou Pablo López.

Historia[editar | editar a fonte]

A entidade pública RTVE acordou xunto a Gestmusic a creación dun programa musical en 2001. O obxectivo era promocionar tres carreiras musicais e atopar ao novo representante de España no Festival de Eurovisión.[7][8] Tras realizar unha serie de castings a miles de persoas por toda España, o 22 de outubro de 2001 comezou a emisión da primeira gala de Operación Triunfo en Televisión Española (La 1). Un total de 16 concursantes eran aspirantes ao premio.[9] As galas semanais en directo convertéronse en pouco tempo nun éxito de audiencia alcanzando cifras récord.[10] O concurso finalizou o 12 de febreiro de 2002, coa proclamación de Rosa López como gañadora (26,6% dos votos), seguida de David Bisbal (20,9%) e David Bustamante (18,8%),[11] ante 13 millóns de espectadores.[12] A cantante Rosa López foi a elixida para representar a España no Festival de Eurovisión 2002 en Tallin (Estonia) o 25 de maio de 2002 co tema "Europe's living a celebration", tras gañar co 49,9% dos votos aos outros dous finalistas nunha gala especial celebrada poucas semanas despois de finalizar o concurso.[13] Ao escenario do festival acompañárona os seus compañeiros David Bisbal, David Bustamante, Chenoa, Gisela e Geno.[14]

Os concursantes da primeira edición de Operación Triunfo realizaron unha xira multitudinaria que contou con máis de medio millón de asistentes e que lles levou a actuar en diversas ocasións en lugares emblemáticos como o Santiago Bernabéu de Madrid e o Palau Sant Jordi de Barcelona.[15][16] Dous dos seus concertos foron emitidos en televisión: a través de TVE e a través de Digital Plus.[17]

Na pequena pantalla, Operación Triunfo tivo continuidade tras o final da edición. Emitíronse galas dos gañadores, galas dedicadas a Eurovisión ou programas monográficos a través de TVE-1. Algúns destes espazos tamén producidos por Gestmusic foron Triunfomanía, Generación OT, Operación Eurovisión ou Padrinos para el triunfo.

A primeira edición converteuse nun fenómeno que faría vender millóns de álbums aos seus participantes durante o transcurso do programa e unha vez finalizado o mesmo. Iso supuxo un incentivo de vendas discográficas físicas para a industria musical española..[18][19]

Segundo Promusicae, a primeira edición de OT conta con 43 discos de platino máis dous de oro, con 4.390.000 álbums vendidos certificados en tan só un ano en España.[20] Participaron en diversas campañas publicitarias e venderon 300.000 exemplares de libros do programa.[21] Grazas ao concurso, RTVE ingresou máis de 24 millóns de euros.[22]

A última semana de xuño de 2016, TVE anunciou a emisión dun concerto de reencontro e tres documentais para celebrar o 15 aniversario da mítica primeira edición baixo o nome OT: El Reencuentro e coa participación dos 16 concursantes. Os documentais graváronse durante o verán de 2016 e repasan a traxectoria de cada un dos protagonistas de OT 1: como viviron eles esa etapa e o cambio de vida tras o éxito do programa.

O domingo 16 de outubro de 2016 estreouse en La 1 o primeiro documental en prime time. Nos seguintes domingos de outubro emitiuse o segundo e o terceiro documental. Con gran expectación, OT: El Reencuentro triunfou nos resultados de audiencia sendo líder do prime time e da xornada. Os concursantes da primeira edición volven con iso a estar de actualidade. O concerto de reunión tivo lugar no Palau Sant Jordi de Barcelona o luns 31 de outubro de 2016. O show contou coa actuación dos 16 concursantes e La 1 de TVE emitiuno en directo, cultivando máis de 4 millóns de audiencia (elevando así a media da cadea).

A primeira edición do concurso e a edición de 2017 foron as máis populares e delas saíron os cantantes que alcanzaron maior popularidade tras o seu lanzamento. Operación Triunfo 2018 estreouse o 19 de setembro de 2018 e foi líder cun 20,5% no prime time de La 1. En xaneiro de 2020 estreouse Operación Triunfo 2020, edición que se interrompe pola crise sanitaria mundial da Covid-19, aínda que se renovaron as súas emisións despois da crise.

En traxectoria discográfica e musical alternada con xiras, presenza en televisión nacional e/ou musicais así como en coñecemento global do público destacan as carreiras de David Bisbal, David Bustamante, Rosa López, Chenoa, Gisela, Natalia, Vega, Manuel Carrasco, Hugo Salazar, Mai Meneses, Edurne, Soraya Arnelas, Virginia Maestro, Pablo López, Amaia Romero, Aitana, Ana Guerra e Lola Indigo. Todos os anteriormente citados cantantes pertencen ou pertenceron durante tempo prolongado a selos discográficos de multinacionais como Universal, Sony, Warner ou EMI.

Equipo[editar | editar a fonte]

Presentadores[editar | editar a fonte]

La 1 Telecinco La 1
Edición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Ano 2001-2002 2002-2003 2003-2004 2005 2006-2007 2008 2009 2011 2017-2018 2018 2020
Carlos Lozano
Jesús Vázquez
Pilar Rubio
Roberto Leal

Xurado[editar | editar a fonte]

La 1 Telecinco La 1
Edición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Ano 2001-2002 2002-2003 2003-2004 2005 2006-2007 2008 2009 2011 2017-2018 2018 2020
España Pilar Tabares
España Narcís Rebollo
Chile Alejandro Abad
España Pilar Zamora
España Daniel Aragay
España Jose Luis Uribarri
España Inma Serrano
España Augusto Algueró Jr.
España Noemí Galera
España Javier Llano
España Greta
España Risto Mejide
España Coco Comín
España Ramoncín
España Eva Perales
España Mónica Naranjo
España Manuel Martos
España Joe Pérez-Orive
España Ana Torroja
España Javier Portugués "Portu"
España Natalia Jiménez
España Nina

Presentadores do chat[editar | editar a fonte]

La 1 Telecinco La 1
Edición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Ano 2001-2002 2002-2003 2003-2004 2005 2006-2007 2008 2009 2011 2017-2018 2018 2020
Nina
Àngel Llàcer
Àlex Casademunt
Noemí Galera
Ricky Merino

Presentador dos resumos[editar | editar a fonte]

La 2
Edición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Ano 2001-2002 2002-2003 2003-2004 2005 2006-2007 2008 2009 2011 2017-2018 2018 2020
Jennifer Rope
Ainhoa Arbizu

Profesores[editar | editar a fonte]

  • Profesores actuais:
    • Noemí Galera, directora da academia (OT 9 - presente)
    • Manu Guix, profesor de canto (OT 1 - presente), director vocal (OT 6 - OT 8), director musical (OT 9 - OT 10), subdirector (OT 9 - presente)
    • Joan Carles Capdevila, preparador vocal (OT 3 - presente)
    • Mamen Márquez, directora vocal e profesora de técnica vocal (OT 9 - presente)
    • Laura Andrés, preparadora vocal (OT 9 - presente)
    • Vicky Gómez, coreógrafa (OT 9 - presente)
    • Andrea Vilallonga, profesora de imaxe e protocolo (OT 9 - presente)
    • Iván Labanda, profesor de interpretación (OT 11 - presente)
    • Zahara, profesora de cultura musical (OT 11 - presente)
    • Natalia Calderón, profesora de voz e movemento (OT 11 - presente)
    • Cesc Escolà, profesor de fitness (OT 11 - presente)
    • Cristian Jiménez e Mario Jiménez, profesores de danza urbana (OT 11 - presente)
    • Eirian James, profesor de inglés (OT 11 - presente)
    • Brian Sellei, manager e asesor (OT 11 - presente)
  • Antigos directores da academia:
    • Nina Agustí (OT 1 - OT 3, e OT 8)
    • Mikel Herzog, director da "postacademia" (OT 2)
    • Kike Santander (OT 4 - OT 5)
    • Edith Salazar, directora adxunta (OT 4 - OT 5)
    • Àngel Llàcer (OT 6 - OT 7)
    • Daniel Anglès, subdirector (OT 8)
  • Antigos profesores:
    • Nina Agustí, profesora de técnicas de voz (OT 1 - OT 3, e OT 8)
    • Àngel Llàcer, profesor de interpretación (OT 1, OT 4, OT 6, OT 7)
    • Helen Rowson, profesora de técnicas de voz e inglés (OT 1 - OT 3)
    • Javier Castillo "Poty", coreógrafo (OT 1), profesor de coreografía (OT 2 - OT 3)
    • Lawrence De Maeyer, profesor de técnica corporal (OT 1)
    • Viv Manning, profesora de técnicas de voz (OT 1)
    • Mayte Marcos, profesora de baile (OT 1 - OT 3)
    • Néstor Serra, preparador físico e profesor de fitness (OT 1 - OT 7)
    • Marietta Calderón, coreógrafa (OT 2 - OT 3)
    • Marta Fiol, profesora de linguaxe e cultura musical (OT 2 - OT 3)
    • Gustavo Llull, profesor de piano e repertorio (OT 2 - OT 3)
    • Sonia Rodríguez, profesora de análise e estudo do repertorio semanal (OT 2 - OT 3)
    • Keith Morino, profesor de iniciación ao movemento (OT 2)
    • María Gómez, profesora de baile moderno (OT 2)
    • Marietta Palacín, psicóloga (OT 3)
    • Bruno Oro Pichot, Greta e Isabel Soriano, profesores de interpretación e preparación de temas (OT 3)
    • Antonio Canales, profesor de carácter (OT 3)
    • Anna Valldeneu, profesora de técnicas de voz (OT 3)
    • Esteve Ferrer, profesor de teatro musical (OT 3)
    • Irene Pallarès, profesora de hip-hop (OT 3)
    • Edith Salazar, profesora de técnica vocal e canto (OT 4 - OT 5)
    • Miryam Benedited, coreógrafa (OT 4 - OT 7)
    • Jessica e José Expósito, profesores de batuka (OT 4 - OT 7)
    • Laura Jordan, profesora de voz (OT 4)
    • Rafael Amargo, profesor de expresión corporal (OT 4)
    • Rubén Olmo e Saúl Garrido, profesores asistentes de expresión corporal (OT 4)
    • Muntsa Rius, profesora de preparación de temas (OT 5)
    • Patricia Kraus, profesora de música dos anos 60 e 70 (OT 5)
    • Bárbara de Senillosa, profesora de protocolo (OT 5 - OT 8)
    • Nikoleta Sekulovic, profesora de interpretación (OT 5)
    • Bea Simó, profesora de hip-hop (OT 5)
    • María Palacín, psicóloga (OT 5 - OT 7)
    • Morgan Malboso, profesora de inglés (OT 5 - OT 7)
    • Amelia Bernet, preparador vocal (OT 6 - OT 7)
    • Miguel Manzo, profesor de técnica vocal (OT 6 - OT 7)
    • Leslie Feliciano, profesor de presencia escénica (OT 6 - OT 7)
    • Joan Ortínez, profesor de cultura musical (OT 7)
    • Nuria Legarda, profesora de técnicas de coñecemento corporal (OT 7)
    • Daniel Anglès, preparador vocal (OT 8)
    • Ira Prat, preparador vocal (OT 8)
    • Marc Villavela, preparador vocal e escénico (OT 8)
    • Miquel Barcelona, preparador corporal (OT 8)
    • Marco da Silva, coreógrafo (OT 8)
    • Maialen Araolaza, fisioterapeuta e profesora de pilates (OT 8)
    • Alfonso Vilallonga, profesor de cultura musical (OT 8)
    • Juanjo Amorín, profesor de marketing personal en liña (OT 8)
    • Arantxa Coca, profesora de desenvolvemento emocional en escena (OT 8)
    • Xavier Mestres, profesor de conxunto vocal (OT 8)
    • Joan Vázquez, profesor de educación auditiva (OT 8)
    • Pol Chamorro, profesor de bailes de salón (OT 9)
    • Guille Milkyway, profesor de cultura musical (OT 9)
    • Mónica Touron, profesora de medios de comunicación (OT 9)
    • Itziar Castro, profesora de interpretación (OT 10, ata a gala 6)
    • Magali Dalix, profesora de fitness (OT 9 - OT 10)
    • Xuan Lan, profesora de yoga (OT 9 - OT 10)
    • Chris Nash, profesor de inglés (OT 9 - OT 10)
    • Cristina Burgos, profesora de hip-hop (OT 9 - OT 10)
    • Sheila Ortega, profesora de danzas urbanas (OT 9 - OT 10)
    • Ana Amengual, profesora de dietética (OT 9 - OT 10)
    • Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de interpretación (OT 9 - OT 10)
    • Gotzon Mantuliz, profesor de forma física e vida sa (OT 10)
    • Rubén Salvador, profesor de bailes de salón (OT 10)
    • Miqui Puig, profesor de cultura musical (OT 10)

Concursantes[editar | editar a fonte]

OT 1 (2001-2002)[editar | editar a fonte]

  1. Rosa López
  2. David Bisbal
  3. David Bustamante
  4. Chenoa
  5. Manu Tenorio
  6. Verónica Romero
  7. Nuria Fergó
  8. Gisela Lladó
  9. Naím Thomas
  10. Alejandro Parreño
  11. Juan Camus
  12. Natalia Rodríguez
  13. Àlex Casademunt
  14. Javián Antón
  15. Mireia Montávez
  16. Geno Machado

OT 2 (2002-2003)[editar | editar a fonte]

  1. Ainhoa Cantalapiedra
  2. Manuel Carrasco
  3. Beth
  4. Miguel Nández
  5. Hugo Salazar
  6. Joan Tena
  7. Tony Santos
  8. Nika
  9. Vega
  10. Danni Úbeda
  11. Elena Gadel
  12. Tessa
  13. Marey
  14. Cristie
  15. Enrique Anaut
  16. Miguel Ángel Silva
  17. Mai Meneses

OT 3 (2003-2004)[editar | editar a fonte]

  1. Vicente Seguí
  2. Ramón
  3. Miguel Cadenas
  4. Davinia
  5. Mario
  6. Leticia
  7. Noelia Fonte
  8. Nur
  9. Beatriz
  10. Borja Voces
  11. Israel
  12. Jorge
  13. Sonia
  14. Miriam
  15. José
  16. Fede Monreal
  17. Isabel

OT 4 (2005)[editar | editar a fonte]

  1. Sergio Rivero
  2. Soraya Arnelas
  3. Víctor
  4. Idaira
  5. Fran Dieli
  6. Edurne
  7. Lida Reyes
  8. Sandra
  9. Guille Barea
  10. Guillermo Martín
  11. Mónica Gallardo
  12. Dani Sanz
  13. Héctor
  14. Jesús de Manuel
  15. Trizia
  16. Janina

OT 5 (2006-2007)[editar | editar a fonte]

  1. Lorena
  2. Daniel
  3. Leo
  4. Saray
  5. Moritz
  6. José Galisteo
  7. Ismael
  8. Jorge González
  9. Eva
  10. Vanessa
  11. Mayte
  12. Mercedes
  13. Cristina
  14. José Antonio
  15. Xavier
  16. Encarna

OT 6 (2008)[editar | editar a fonte]

  1. Virginia
  2. Pablo
  3. Chipper
  4. Manu
  5. Sandra
  6. Mimi
  7. Iván
  8. Noelia Cano
  9. Anabel
  10. Tania S
  11. Reke
  12. Esther
  13. Tania G
  14. Rubén
  15. Paula
  16. Ros
  17. Patty

OT 7 (2009)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Operación Triunfo 2009.
  1. Mario Álvarez
  2. Brenda Mau
  3. Jon Allende
  4. Ángel Capel
  5. Patricia Navarro
  6. Silvia
  7. Cristina Rueda
  8. Samuel
  9. Rafa
  10. Alba Lucía
  11. Elías
  12. Diana
  13. Maxi
  14. Nazaret
  15. Pedro Moreno
  16. Guadiana
  17. Púa
  18. Patty

OT 8 (2011)[editar | editar a fonte]

  1. Nahuel Sachak
  2. Álex Forriols
  3. Jefferson
  4. Alexandra
  5. Niccó
  6. Roxio
  7. Josh Prada
  8. Naxxo
  9. Coraluna
  10. Nirah
  11. Juan Delgado
  12. Moneiba Hidalgo
  13. Geno Machado
  14. Enrique Ramil
  15. Charlie Karisen
  16. Silvia Román
  17. Sira Mayo

OT 9 (2017)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Operación Triunfo 2017.
  1. Amaia Romero
  2. Aitana Ocaña
  3. Miriam Rodríguez
  4. Alfred García
  5. Ana Guerra
  6. Agoney Hernández
  7. Roi Méndez
  8. Nerea Rodríguez
  9. Luis Cepeda
  10. Raoul Vázquez
  11. Mireya Bravo
  12. Ricky Merino
  13. Marina Rodríguez
  14. Thalía Garrido
  15. Juan Antonio Cortés
  16. Mimi Doblas

OT 10 (2018)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Operación Triunfo 2018.
  1. Famous Oberogo
  2. Alba Reche
  3. Natalia Lacunza
  4. Sabela Ramil
  5. Julia Medina
  6. Miki Núñez
  7. Marta Sango
  8. María Villar
  9. Marilia Monzón
  10. Carlos Right
  11. Noelia Franco
  12. Damion Frost
  13. Dave Zulueta
  14. Joan Garrido
  15. África Adalia
  16. Alfonso La Cruz

OT 11 (2020)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Operación Triunfo 2020.
  1. Nía Correia
  2. Flavio Fernández
  3. Eva Barreiro
  4. Anaju Calavia
  5. Hugo Cobo
  6. Maialen Gurbindo
  7. Samantha Gilabert
  8. Bruno Alves
  9. Gèrard Rodríguez
  10. Jesús Rendón
  11. Rafa Romera
  12. Anne Lukin
  13. Javy Ramírez
  14. Nick Maylo
  15. Eli Rosex
  16. Ariadna Tortosa

Audiencias[editar | editar a fonte]

Edición Canle Número de espectadores Share Gran final
OT 1 (2001-2002) TVE 6.895.000 44,2% 12.873.000 (68%)
OT 2 (2002-2003) 5.599.000 36,8% 7.764.000 (49%)
OT 3 (2003-2004) 3.415.000 25,5% 3.914.000 (28,4%)
OT 4 (2005) Telecinco 4.848.000 37,6% 6.745.000 (41,6%)
OT 5 (2006-2007) 4.300.000 27,0% 4.833.000 (28,8%)
OT 6 (2008) 3.812.000 26,4% 4.282.000 (34,4%)
OT 7 (2009) 2.580.000 18,9% 2.268.000 (19,0%)
OT 8 (2011 ) 2.287.000 13,9% 2.576.000 (14,7%)
OT 9 (2017) TVE 2.406.000 19,0% 3.925.000 (30,8%)
OT 10 (2018) 1.957.000 16,4% 2.231.000 (19,4%)
OT 11 (2020) 1.653.000 12,2% 1.812.000 (16,1%)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Edición Gañador Segundo clasificado Terceiro
OT 1 (2001-2002) España Rosa López España David Bisbal España David Bustamante
OT 2 (2002-2003) España Ainhoa Cantalapiedra España Manuel Carrasco España Beth Rodergas
OT 3 (2003-2004) España Vicente Seguí España Ramón del Castillo España Miguel Cadenas
OT 4 (2005) España Sergio Rivero España Soraya Arnelas España Víctor Estévez
OT 5 (2006-2007) España Lorena Gómez España Daniel Zueras España Leo Segarra
OT 6 (2008) España Virginia Maestro España Pablo López Flag of the United States.svg Chipper Cooke
OT 7 (2009) España Mario Álvarez Flag of Peru.svg Brenda Mau España Jon Allende
OT 8 (2011) Paraguai Nahuel Sachak España Álex Forriols España Mario Jefferson
OT 9 (2017-2018) España Amaia Romero España Aitana Ocaña Galicia Miriam Rodríguez
OT 10 (2018) España Famous Oberogo España Alba Reche España Natalia Lacunza
OT 11 (2020) España Nia Correia España Flavio Fernández Galicia Eva Barreiro

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

É o programa musical máis premiado cun TP de Ouro (xunto a Aplauso) e máis nomeado da historia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miguel Ángel Rodríguez (11 de decembro de 2017). "¿Ha superado 'OT 2017' a 'OT 1'?". El Televisero (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  2. Helena Cortés (4 de xaneiro de 2018). "Las claves que han convertido «OT 2017» en un fenómeno". Diario ABC (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  3. Javi Sánchez (5 de febreiro de 2018). "¿Por qué ha funcionado esta edición de OT y las siete anteriores no?". Vanity Fair España (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  4. Los concursantes que brillaron tras «Operación Triunfo»... y los que fracasaron en el intento
  5. "Cómo le ha ido en el mercado musical a los concursantes de 'OT 2017'". El Español (en castelán). 14 de xaneiro de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  6. Raquel Piñeiro (5 de febreiro de 2018). "Adiós al fenómeno de masas de la temporada: por qué OT ha sido un éxito sin precedentes". Vanity Fair España (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  7. María Vázquez (14 de agosto de 2001). "RTVE, a la caza de jóvenes artistas con dos nuevos concursos musicales". El País. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  8. Maria Vázquez (26 de setembro de 2001). "Eurovisión será el premio para uno de los finalistas de 'Operación triunfo' en TVE". El País. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  9. elpais.com (22 de outubro de 2001). "TVE estrena un concurso de talentos musicales en La Primera y otro de preguntas y respuestas en La 2". El País. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  10. Rosario G. Gómez (2 de xaneiro de 2002). "'Operación Triunfo' revoluciona las audiencias de televisión en 2001". El País. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  11. Sergi Pámies (12 de febreiro de 2002). "Rosa, Bisbal y Bustamante ganan la final de 'Operación Triunfo'". El País. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  12. "Casi 13 millones de espectadores siguieron la victoria de Rosa, Bisbal y Bustamante". El País. 12 de febreiro de 2002. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  13. Jesús Lillo (12 de marzo de 2002). "Rosa presentará a España en el Festival de Eurovisión". ABC. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  14. "Bisbal, Bustamante, Geno, Gisela y Chenoa, el coro de Rosa en Eurovisión". El País. 9 de abril de 2002. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  15. Europa Press (4 de xuño de 2002). "Más de medio millón de fanes en los conciertos de OT". El Mundo. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  16. Agencia EFE (2 de xuño de 2002). "Triunfal apoteosis de Rosa y sus compañeros en el Bernabéu". El Mundo. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  17. vertele.com (2 de xuño de 2002). "TVE-1 ofrece el penúltimo concierto de la gira "Operación triunfo"". Vertele. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  18. Europa Press (31 de xaneiro de 2003). "Los discos de la segunda edición de 'Operación Triunfo' venden la mitad que los de la primera". Los 40 Principales. Consultado o 17 de febreiro de 2016. 
  19. Fernando Martín (24 de xaneiro de 2002). "'Operación Triunfo' salva el mercado del disco en 2001". El País. Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  20. Salaverri, Fernando (setembro de 2005). Sólo éxitos: año a año, 1959–2002 (1st ed.). Spain: Fundación Autor-SGAE. ISBN 8480486392. 
  21. elpais.com (1 de abril de 2002). "'Operación Triunfo' vende 300.000 libros". El País. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  22. elpais.com (21 de xuño de 2002). "TVE ingresa por 'Operación Triunfo' 24 millones de euros". El País. Consultado o 18 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]