Neox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neox
Inicio das emisións 30 de novembro de 2005
Propiedade de Atresmedia Televisión
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 1,7% (Xuño de 2021, Kantar Media)
Slogan Are you ready for Neox?
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central San Sebastián de los Reyes
Nome(s) anterior(es) Antena.neox (2005-2009)
Neox 8 (2009-2010)
Canle/s irmá(s) Antena 3
laSexta
Nova
Mega
Antena 3 HD
laSexta HD
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 69
Satélite
Andalusat Dial 23
Cable
R Dial 32
IPTV
Imagenio Dial 33

Na rede
Páxina web de Neox
Facebook: n Twitter: neox Editar o valor em Wikidata

Neox, antes coñecida como Antena.Neox e Neox8, é unha canle de televisión privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel comezou as súas emisións o 30 de novembro de 2005.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A programación está orientada ao público adolescente (12 - 20 anos) e xuvenil (21 - 25 anos). Nun principio, a canle dirixíase tamén ao público infantil, con series de animación modernas e clásicas como Heidi, Marco e A Pantera Rosa.

Emite series, cinema e programas xuvenís de entretemento. Os seus programas máis exitosos son The Simpsons e Aquí no hay quien viva.

En xaneiro de 2008 non só se situou como a canle máis vista de TDT, senón tamén do conxunto temáticas[1].

Ademais, Antena 3 Internacional emite un bloque de programación de Antena.Neox para toda América Latina, de 5 horas de duración (02:00 a 07:00 hora central mexicana) con programas de produción propia como VU87, Zapineox, DXT.Neox, Interneox, Como el perro y el gato, Guasanga e Pelopicopata ademais de dúas series históricas de Antena 3 como Farmacia de Guardia e Nada es para siempre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antena.Neox alcanza por primera vez el liderazgo de los canales temáticos y gana de nuevo en la TDT". Vertele.com (en castelán). 1 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2010.