LaSiete
LaSiete | |
---|---|
Logo de LaSiete | |
Inicio das emisións | 18 de maio de 2008 |
Fin das emisións | 5 de maio do 2014 |
Fundado por | Gestevisión Telecinco |
Propiedade de | Mediaset España |
Formato da imaxe | 576i (SDTV 16:9) |
Datos de audiencia | 1,5% (Maio de 2012, FormulaTV) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Escala nacional |
Sede central | Fuencarral |
Nome(s) anterior(es) | Telecinco 2 (2008-2009) |
Canle que substitúe | Telecinco Sport |
Canle/s irmá(s) | Telecinco Cuatro Factoría de Ficción Boing Divinity Energy Nueve Telecinco HD Cuatro HD |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 68 |
Cable | |
ONO | Dial 72 |
R | Dial 80 |
IPTV | |
Imagenio | Dial 90 |
Na rede
| |
Páxina web de LaSiete | |
LaSiete foi unha canle de televisión española privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2009, substituíndo na súa frecuencia a Telecinco 2.[1] A canle cesou as súas emisións o 5 de maio do 2014.
Historia
[editar | editar a fonte]LaSiete iniciou as súas emisións o 18 de maio de 2009 cando Telecinco, nunha acción de posicionamento no dial da TDT, (como xa fixera Veo TV co 7, ou Antena 3 con Antena.Neox e Antena.Nova posicionándoos no 8 e no 9) Telecinco 2 cambiou o seu nome polo de LaSiete para posicionar a súa segunda canle no dial 7 do mando a distancia.
En LaSiete emítense programas e series de produción propia (La pecera de Eva) ademais de reposicións de Telecinco, (Gran Hermano, Operación Triunfo, Supervivientes, Sálvame) programas adquiridos de canles estranxeiras (Fear Factor), series online de Telecinco (Becari@s) etc.
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[2][3][4]
Imaxe corporativa
[editar | editar a fonte]2009 - 2012 | 2012 - 14 de febreiro de 2014 |
---|
Audiencias
[editar | editar a fonte]Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[5] Están en letra grosa e vermello os meses en que foi líder de audiencia.
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | - | - | - | - | 0,4%** [6] |
0,5% | 0,5% | 0,8% | 0,9% | 1,0% | 0,9% | 0,8% | 0,8% |
2010 | 0,9% | 1,1% | 1,0% | 1,2% | 1,4% | 1,4% | 1,5% | 1,6% | 1,4% | 1,6% | 1,7% | 1,6% | 1,4% |
2011 | 1,4% | 1,3% | 1,4% | 1,5% | 1,6% | 1,7% | 1,8%* | 1,6% | 1,4% | 1,5% | 1,5% | 1,4% | 1,5% |
2012 | 1,4% | 1,4% | 1,6% | 1,6% | 1,5% | 1,3% | 1,4% | 1,4% | 1,4% | 1,3% | 1,2% | 1,2% | 1,4%[7] |
2013 | 1,1% | 1,1% | 1,2% | 1,2% | 1,2% | 1,2% | 1,1% | 1,2% | 1,2% | 1,2% | 1,3% | 1,2% | 1,2% |
2014 | 1,2% |
* Máximo histórico | ** Mínimo histórico
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Telecinco súmase á pelexa polo 7 do mando con LaSiete
- ↑ El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT
- ↑ ¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?
- ↑ laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre
- ↑ "Audiencias diarias". FormulaTV.
- ↑ Comenzou as súas emisións o 18 de maio.
- ↑ "Telecinco (13,9%) arrebata a La 1 (12,2%) el liderazgo como la cadena más vista del año". Barlovento Comunicación (FormulaTV). 28 de decembro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.