Slovenská televízia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slovenská televízia
Televisión eslovaca
Inicio das emisións 1 de xullo de 1991
Propiedade de Rozhlas a televízia Slovenska
País Eslovaquia
Lingua eslovaco
Sede central Eslovaquia Bratislava

Na rede
stv.sk

Slovenská televízia (en galego, Televisión Eslovaca) é unha compañía de televisión de Eslovaquia, que forma parte da empresa de radiodifusión pública Rozhlas a televízia Slovenska (RTVS). Fundouse en 1993 trala escisión de Checoslovaquia, cando a empresa desligouse da televisión checa e comezou a funcionar por separado. Actualmente xestiona dous canles de televisión.

Nos seus inicios, SVT non tiña ningunha relación con outros grupos públicos de medios de comunicación como a radio Slovenský rozhlas. Desde o 1 de xaneiro de 2011, a radio e televisión pública eslovaca funcionan dentro do grupo RTVS, creado para abaratar custos.[1]

SVT é membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o tempo que Eslovaquia formou parte de Checoslovaquia, a televisión pública estivo integrada no grupo Československá televize (ČST), que xestionaba canles para todo o país sen diferenzas entre rexións. As primeiras emisións en Bratislava comezaron en 1956, e estendéronse a todo o país un ano despois. A caída do réxime comunista trala Revolución de veludo dotou dunha maior liberdade de expresión aos medios de comunicación públicos.

Coa creación da República Federal Checa e Eslovaca en 1990, houbo cambios na organización de ČST. A súa primeira canle mantívose como televisión federal (F1), mentres que o segundo converteuse en dúas cadeas que só emitirían nas súas nacións: Česká televize na República Checa e Slovenská televízia (S1) en Eslovaquia. Deste xeito, as súas emisións comezaron o 1 de xullo de 1991.[1]

O 1 de xaneiro de 1993, Slovenská televízia converteuse no grupo de televisión pública de Eslovaquia, novo país creado trala disolución de Checoslovaquia. As frecuencias da antiga televisión checoslovaca pasaron ao seu control, o que lle permitiu desenvolver dúas canles nacionais: SVT1 polo sinal da antiga canle federal e SVT2 polo espazo que ocupaba S1. Ese mesmo día, o grupo ingresou na Unión Europea de Radiodifusión.

Durante un tempo, Slovenská televízia xestionou unha terceira canle de televisión. Con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, creouse a cadea especializada en deportes Trojka, que comezou as súas emisións o 8 de agosto. Con todo, os problemas económicos do país e o custo dos dereitos das probas propiciaron a súa pechadura o 1 de xullo de 2011.[2]

Organización[editar | editar a fonte]

Slovenská televízia está integrada na organización de radiodifusión pública Rozhlas a televízia Slovenska (RTVS), que comezou a súa actividade o 1 de xaneiro de 2011. Anteriormente, o grupo funcionaba de forma independente respecto doutros medios de comunicación de titularidad estatal, como a radio Slovenský rozhlas. RTVS é membro activo da Unión Europea de Radiodifusión.

A televisión pública eslovaca finánciase cunha combinación de imposto directo (56 euros ao ano), publicidade e orzamentos xerais. Con todo, este sistema cambiará despois de que o parlamento de Eslovaquia aprobase a supresión do canon. A partir de xaneiro de 2013, o grupo financiarase a través da publicidade e as achegas directas do Estado cara a RTVS, que se encargará de redistribuír entre os seus medios.[3]

A programación de Slovenská televízia debe cumprir uns parámetros de servizo público e non deixar de lado ás minorías sociais do país, de acordo cos estatutos da radiotelevisión pública. Ademais, está obrigada a promover a cultura e idioma eslovaco. Os programas internacionais adoitan emitirse dobrados, salvo algunhas producións que poden estar subtituladas.

Canles de televisión[editar | editar a fonte]

Slovenská televízia xestiona dúas canles de televisión que tamén transmiten en alta definición:

  • Jednotka: canle de contidos xerais dirixido a todos os públicos, cunha programación dedicada á información e o entretemento. As súas emisións comezaron o 1 de xaneiro de 1993, aínda que é herdeira da anterior televisión eslovaca que iniciou a súa actividade o 1 de xullo de 1991, e o seu nome significa "Primeira" en eslovaco.
  • Dvojka: canle de contidos xerais cunha programación minoritaria, similar a outras segundas canles europeas. Emite espazos culturais, deportivos e de servizo público, con especial atención ás minorías do país. Empezou a súa actividade o 1 de xaneiro de 1993 e o seu nome significa "Segunda" en eslovaco.

Ambas canles emiten a súa programación en sinal aberto para todo o territorio nacional eslovaco. Tamén o fai a través de Internet, aínda que algúns dos seus programas non poden seguirse si estase no estranxeiro por dereitos de emisión. Ao contrario que outras organizacións públicas, Slovenská televízia non conta cunha canle internacional. Desde 2008 ata 2011, STV mantivo unha terceira cadea chamada Trojka, dedicada ao deporte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 RTVS, ed. (2012). "Historia de STV" (en eslovaco). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 5 de abril. 
  2. Radio CZ, ed. (5 de abril de 2011). "STV Trojka ukončí vysielanie 30. júna" (en checo). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2014. Consultado o 5 de abril. 
  3. IHS, ed. (25 de agosto de 2011). "Slovakia to Scrap TV Licence Fee" (en inglés). Consultado o 5 de abril. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]