ETB 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
ETB 4
ETB4 Spain.svg
Inicio das emisións 29 de outubro de 2014
Propiedade de Euskal Telebista
Formato da imaxe 16:9
País España España
Área de emisión País Vasco País Vasco
Canle que substitúe ETBK Sat
Canle/s irmá(s) ETB 1
ETB 2
ETB 3
ETB HD
ETB Sat
Canal Vasco
Páxina web http://www.eitb.eus

ETB 4 é a cuarta canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. A canle inicialmente sería lanzada en 2009, pero debido ás restricións orzamentarias que impuxo a crise económica producida na Eurozona, decidiuse postergar o seu lanzamento ata finais de 2011[1] sen que se chegase a concretar. No seu lugar creouse en setembro de 2011 ETBK Sat, unha canle que baseándose na programación de ETB Sat incorpora programas deportivos específicos. O 29 de outubro de 2014, poucos días despois do Dividendo Dixital a canle ETBK Sat foi substituída por ETB 4 sen previo aviso.

Historia[editar | editar a fonte]

En decembro de 2007, o Goberno Vasco, presidido por Juan José Ibarretxe, aprobou o orzamento co que contaría a Euskal Irrati Telebista polos próximos catro anos, no cal se destinarían 589 millóns de euros para a dixitalización das dúas canles xa existentes (ETB 1 e ETB 2) e a creación de dúas canles máis: ETB 3, que estaría destinado a un público novo (sendo lanzado en 2008), e ETB 4, que inicialmente se enfocaría cara a unha programación cultural e á emisión de informativos en castelán e éuscaro.[2] Con todo, en febreiro de 2010 decídese cambiar a liña programática da canle, deixándoo como un sinal encargado de transmitir soamente programación deportiva baixo o nome de ETBK Sat, comezando para iso os estudos de factibilidade respecto diso.[3] Este cambio significaría a reestruturación das canles que xa posúe o ente, como é o caso de ETB 1, encargado de transmitir actualmente gran parte desta programación. Esperábase que a nova canle funcionara en 2011.

O 16 de xuño de 2011 a conselleira de Cultura, Blanca Urgell, anunciou que o Goberno Vasco "renunciaba a poñer en marcha" ETB 4 dada a actual situación de crise económica, non está "disposto" a afrontar o custo de 7,2 millóns de euros que supoñería o lanzamento da nova canle. Urgell compareceu, xunto ao entón director xeneral de EITB, Alberto Surio, ante a Comisión de Control da radiotelevisión pública vasca do Parlamento autonómico, na que deron a coñecer a súa avaliación do contrato-programa do ente.

Finalmente, o 29 de outubro de 2014, a canle ETBK Sat modificou o seu nome a ETB 4 sen previo aviso, mantendo inicialmente a programación que tiña previamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Surio aborta o lanzamento de ETB-4". Deia. 1 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2010. Consultado o 15 de maio de 2010. 
  2. "O Goberno Vasco aportará a EiTB 589 millóns de euros e crearanse as canles ETB3 e ETB4". EFE e Europa Press. 27 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16/05/2010. Consultado o 11/03/2016. 
  3. "ETB-4 será unha canle deportiva". Deia. 24 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]