Prefectura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O termo prefectura foi usado para denominar un órgano de goberno ou área territorial dende os tempos do emperador romano Constantino I, o cal dividiu o imperio en catro prefecturas, cada unha dividida en dioceses. De forma similar a un estado ou unha cidade, tiñan un amplo autogoberno, aínda que debían fidelidade a Roma. O prefecto era a cabeza da prefectura.