Saltar ao contido

Banco Europeo de Investimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Banco Europeo de Investimentos»)
Banco Europeo de Investimento
Logo
AcrónimoEIB e BEI
Tipoinstitución financeira internacional e órgano da Unión Europea
Data de fundación1958
Presidente/aNadia Calviño
Director/aWerner Hoyer e Nadia Calviño
Nº de empregados3.450 Editar o valor en Wikidata
SedeLuxemburgo
EnLuxemburgo
PaísLuxemburgo
49°37′13″N 6°08′07″L / 49.6202892, 6.1352313
Na rede
http://www.eib.org e https://www.eib.org/fr/
Facebook: EuropeanInvestmentBank Twitter: EIB Instagram: europeaninvestmentbank LinkedIn: european-investment-bank Youtube: UCDuLn6-eXvz2PZvo-B4JU_A Dialnet: 2526898 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Banco Europeo de Investimento (BEI) é o órgano financeiro comunitario da Unión Europea (UE). Foi creado no marco dos Tratados de Roma e a súa sede está en Luxemburgo. Ten por misión contribuír ao desenvolvemento equilibrado do territorio comunitario a través da integración económica e da cohesión social.

Os accionistas do BEI son os Estados que compoñen a Unión Europea e está dirixido polo Consello de Gobernadores, composto polos quince ministros de facenda.

Fóra da Unión, o BEI apoia as estratexias de preadhesión dos países candidatos a formar parte da unión e aplica o apartado financeiro dos acordos celebrados no marco das políticas europeas de axuda e cooperación ao desenvolvemento.

Esta institución outorga un total de 43 000 millóns de euros ao ano en créditos, e goza dun mellor estado financeiro que o do Banco Mundial. O BEI non concede financiamento xeral a un Estado, senón que cofinancia proxectos concretos.

O BEI emprega uns 1 000 expertos europeos en finanzas.

O 8 de decembro foi escollida presidenta do BEI a galega Nadia Calviño, en substitución de Werner Hoyer.[1]

Notas

  1. Gómez, Manuel V. (2023-12-08). "Nadia Calviño presidirá el Banco Europeo de Inversiones". El País (en castelán). Consultado o 2023-12-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]