Reino Unido dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koninkrijk der Nederlanden (en neerlandés)
Royaume des Pays-Bas (en francés)
Vereinigtes Königreich der Niederlande (en alemán)

Reino Unido dos Países Baixos

1815–1839
 

 

Bandeira Escudo
Lema: Je maintiendrai
Situación en Europa do Reino Unido dos Países Baixos
Capital Ámsterdan e Bruxelas
Lingua Neerlandés e francés
Goberno Monarquía constitucional
Rei
 • 1815–1830/1839 Guillerme I
Lexislatura Staten-Generaal
 - Cámara alta Primeira Cámara
 - Cámara baixa Segunda Cámara
Historia
 • Establecido 1815
 • Disolución 1839
Moeda Florín neerlandés

O Reino Unido dos Países Baixos (en neerlandés Verenigd Koninkrijk der Nederlanden e en francés Royaume-Uni des Pays-Bas) foi un reino formado polos actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e parte de Alemaña, dende 1815 a 1830, e por un breve tempo en 1839.

Foi creado a partir dos territorios conquistados polo Primeiro Imperio Francés nos Países Baixos austríacos, tras a disolución deste no Congreso de Viena en 1815.

Foi establecido coa finalidade de ser un estado tampón estábel ao norte de Francia, entre as principais potencias europeas, sobre todo para contrarrestar as ambicións francesas na zona. Reunía os antigos territorios da República das Provincias Unidas, actuais territorios do Reino dos Países Baixos, os territorios dos antigos Países Baixos austríacos e o sur do Principado de Liexa, correspondente ao actual Reino de Bélxica (excepto os cantóns do leste e da provincia de Luxemburgo), así como as colonias holandesas, das cales a máis importante era a das Indias Orientais Neerlandesas (a actual Indonesia).

Aínda que o Congreso de Viena previra que Luxemburgo constituiría un Gran Ducado independente membro da Confederación Xermánica, Guillerme I dos Países Baixos decidiu administrar dentro do seu reino, mediante a aplicación da súa Lei fundamental. Porén, unha gornición confederal, esencialmente prusiana, continuou alí para protexer Luxemburgo.

Creación do Reino[editar | editar a fonte]

O novo reino proclamuse o 16 de marzo de 1815, data en que o príncipe soberano dos Países Baixos Unidos, Guillerme Federico de Orange-Nassau, dixo

que todos os países que o forman, desde este momento, integran o Reino Unido dos Países Baixos, para así ser posuído por nós agora e polos nosos sucesores lexítimos segundo a lei de primoxenitura.[1]

e toma

para nós e para os príncipes que virán despois de nós neste trono. a dignidade real e o título de rei, xuntando a este o de Duque de Luxemburgo, debido á especial relación que esta provincia está destinada a ter con Alemaña.[1]

Un novo Estado europeo[editar | editar a fonte]

A creación polo Congreso de Viena do Reino Unido dos Países Baixos que comprendóa os antigps Países Baixos borgoñóns tal como estaban antes da guerra da independencia foi unha creación puramente libresca e facendo caso omiso das realidades históricas e as evolucións diferentes destes territorios.

Por un lado, unha vella República fundada sobre a liberdade de cultos, reinando sobre os mares, creadora dun grande imperio e capaz, até Napoleón, de resistir ás grandes potencias europeas, que non foi Reino máis que uns poucos anos e que miraba de mala gana ao Imperio.

Mapa antigo do Reino Unido dos Países Baixos.
Provincias do Reino dos Países Baixos (1815-1830), en unión persoal co Gran Ducado de Luxemburgo.

E, por outro lado, as provincias do sur, que non foran nunca gabernadas por elas mesmas, e estaban profundamente marcadas polo catolicismo e apegadas aos seus privilexios e ás súas monarquías herededitarias, pero cuxas elites formadas nos lycées napoleónicos, e despois nas universidades fundadas por Guillerme I, e especialmente na Universidad do Estado de Lovaina, estaban cada vez máis impregnadas de liberalismo.

Desde a creación deste Estado, moitos estaban convencidos de que as provincias do norte, onde nos medios fieis ao antigo sistema republicano se fortaleceron durante a República Bátava, nunca aceptarían unha monarquía e se rebelarían rapidamente contra o novo rei.

Así e todo, para sorpresa das chancelarías, en 1830, non foi a antiga República das Provincias Unidas, senón as provincias do sur as que fixeron a secesión durante a Revolución belga, obtendo Bélxica a súa independencia. As provincias de Limburgo e Luxemburgo foron administradas pola Bélxica independente até 1839 pero, como consecuencia do tratado de Londres, o novo estado foi incapaz de manter máis que unha parte (as actuais provincias de Limburgo e Luxemburgo).

As tensións entre o norte e o sur, entre outras causas pola diferenza relixiosa, provocaron que en 1830 a chamada Revolución Belga, tras a que os belgas se declararon independentes e, aínda que o rei Guillerme I enviou un ano máis tarde as súas tropas, a mobilización das tropas francesas en favor da causa belga fíxoo desistir de calquera enfrontamento. Porén, até oito anos máis tarde, en 1839, non se recoñeceu oficialmente a independencia de Bélxica.

Luxemburgo, que seguía regras sucesorias distintas, seguiu o seu propio camiño logo da morte do rei Guillerme III. A ascensión da raíña Guillermina ao trono en 1890 significou a separación do Gran Ducado de Luxemburgo dos Países Baixos, debido a que o título de Gran Duque non podía ser herdado por unha muller.[3]

O Reino dos Países Baixos, amputado das provincias do sur, continuou a súa vida institucional en tanto que herdeiro de Guillerme I e non da antiga República das Provincias Unidas.

Actualmente, a historiografía belga chama esta época co nome de réxime holandés, apelación contestada polos que sinalan que o Reino dos Países Baixos (Regnum Belgicum) non era nin holandés nin belga, senón a fusión dos dous.

Logros do goberno[editar | editar a fonte]

Baixo o goberno de Guillerme I o número de nenos escolarizados na educación primaria pasou nas provincias do dur (a actual Bélxica) de 150 000 a 300 000 grazas á creación de 1 500 novas escolas. Esta ensinanza realizábase en neerlandés en Flandres e en Bruxelas e en francés nas provincias da Valonia. As Universidades de Loviana, de Liexa e de Gante fundáronse nesta época (1817), así como o Conservatorio, o Observatorio de Quetelet e o Xardín Botánico de Bruxelas (1829). Guillermo I promoveu a instalación de industrias, tales como John Cockerill, e realizou a escavación de canais, incluíndo o canal Charleroi-Bruxelas. A Sociedade Xeral de Bélxica fundouse en 1822 por iniciativa do reo Guillerme I, baixo o nome de Sociedade dos Países Baixos para favorecer o desenvolvemento da industria nacional.

Provincias[editar | editar a fonte]

O Reino Unido dos Países Baixos estaba dividido en dezasete provincias:[4]:

Composición dos gobernos: ministros, secretarios de Estado e comisarios xerais[editar | editar a fonte]

Goberno de 1819[editar | editar a fonte]

En 1819, o goberno do Royaume des Belgiques,[12] compoñíase así:

  • Charles-Joseph d'Ursel, duque de Ursel, ministro da Xestión da Auga e dos Traballos Públicos (orixinario do sur).
  • Conde Charles Ignace de Thiennes-Lombize, ministro de Estado (orixinario do sur).
  • Cabaleiro Patrice de Coninck, ministro do Interior (orixinario do sur).
  • Conde Guisbert Charles van Hogendorp, ministro de Estado (orixinario do norte).
  • Cornelis van Maanen, ministro de Xustiza (orixinario do norte).
  • Barón Anne Willem Carel van Nagell, ministro de Asuntos Exteriores (orixinario do norte).
  • Jean Corneille van der Hoop, ministro de Marina (orixinario do norte).
  • Guillaume Frédéric Röell, ministro de Estado, chanceler da Orde do León belga (orixinario do norte).
  • Corneille Charles Six van Oterleek, ministro de Finanzas (orixinario do norte).
  • Antoine Reinhard Falck, ministro de Instrución Pública, da Industria Nacional e das Colonias (orixinario do norte).
  • Ocker Repelaer van Driel, ministro de Estado (orixinario do norte).
  • Barón Godart van der Capellen, secretario de Estado, gobernador xeral das Indias Orientais (orixinario do norte).
  • Barón Jean Henri Mollerus, secretario de Estado, vicepresidente do Consello de Estado (orixinario do norte).

Goberno de 1830[editar | editar a fonte]

Sen datos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Orde nº 1 do Diario Oficial do Reino.
  2. 1, 2 e 3: Reino Unido dos Países Baixos (até 1830).
    1 e 2: Reino dos Países Baixos (despois de 1830).
    2: Ducado de Limburgo (1839-1866) (na Confederación Xermánica desde 1839, por compensación polo Luxemburgo valón).
    3 e 4: Reino de Bélxica (despois de 1830).
    4 e 5: Gran Ducado de Luxemburgo (fronteiras até 1830).
    4: Provincia de Luxemburgo (Luxemburgo valón, a Bélxica en 1839).
    5: Gran Ducado de Luxemburgo (Luxemburgo alemán; fronteiras desde 1839).
    En azul, fronteiras da Confederación Xermánica.
  3. "Bélgica: incompatibilidad histórica". Deutsche Welle. 2007. Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  4. Lei fundamental do Reino Unido dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 1º, parágrafo 1º: "O Reino dos Países Baixos, cuxos límites foron fixados polo tratado concluído entre as potencias de Europa reunidas no Congreso de Viena, asinado o 9 de xuño de 1815, está composto polas provincias seguintes : Brabante Setentrional, Brabante Méridional, Limburgo, Güeldres, Liexa, Flandres Oriental, Flandres Occidental, Hainaut, Holanda, Zelandia, Namur, Anterpen, Utrecht, Frisia, Overijssel, Groninga e Drenthe"".
  5. Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 1º: As provinciss de Güeldres, Holande, Zelandia, Utrecht, Frisia, Overijssel, Groninga e Drenthe, conservan os seus límites actuais".
  6. Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 2 : "O Brabante Setentrional consiste no territorio da provincia que leva hoxe o nome de Brabante, coa excepción da parte que pertenceu ao departement da Meuse Inferior".
  7. Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 3: "As provincias de Brabante meridional (departemento da Dyle), de Flandres Oriental (departamento de l'Escaut), de Flandres Occidental (departamento da Lys), de Hainault (departamento de Jemmapes) e de Antuerpen (departamento des Deux-Nèthes), conservant os límites actuais destes departamento".
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 3".
  9. Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 5: "A provinccia de Liexa comprende o territorio do departamento de Ourthe, a excepción da parte que foi separada polo mesmo tratado".
  10. Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 4: "A provincia de Limburgo está composta polo departamento da Meuse-Inférieure por enteiro, e de partes do departamento de Roer que pertencen ao reino polo tratado de Viena".
  11. Lei fundamental do Reino dos Países Baixos do 24 de agosto de 1815, artigo 2, parágrafo 6: "A provincoa de Namur contén a parte do departamento de Sambre-et-Meuse que non pertence ao Gran Ducado de Luxemburgo".
  12. Almanach Royal des Pays-Bas, 1819.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]