Josama Alén Ponte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1980 (44 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Deporte | hóckey a patíns |
Josama Alén Ponte, nado na Coruña o 19 de setembro de 1980, é un xogador galego de hóckey a patíns que xoga na posición de defensa e se atopa sen equipo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Josama comezou a práctica do hóckey a patíns aos sete anos no equipo do colexio Compañía de María da cidade herculina, pasando posteriormente ao HC Liceo, club co cal debutou no primeiro equipo. Na tempada 2007-08 asinou polo CP Tenerife, club ao cal estivo vencellado dúas tempadas e co que se proclamou campión da Copa CERS. Tras unha aventura frustrada no Vigo Stick[1] (debeu abandonar antes de tempo a causa dos problemas económicos que provocaron a desestruturación do equipo), esa mesma tempada (2009-10) asinou polo HC Borbolla[2] da Coruña xa coa tempada comezada para tentar conseguir o ascenso á Primeira División Estatal, conseguindo o obxectivo. Na tempada 2010-11, aínda nas filas do club de Monte Alto, non puido evitar o descenso de categoría. No verán do 2011 asinou polo Club Patín Cerceda, xogando unha tempada no club cercedense.
Josama foi tamén doce veces internacional coa selección española nas categorías júnior e sub 23.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Vigo Stick tiene atado a Josama Alén y quiere fichar a Martín Payero". Atlántico (en castelán). 2009-07-17. Consultado o 2020-03-29.
- ↑ Josama Alen: ´Me atrajo la ilusión. Luchar por el ascenso es muy motivante´
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |