Patí Hoquei Club Sant Cugat
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
CHP Sant Cugat | |
---|---|
Cidade | Sant Cugat del Vallès, Cataluña |
Historia | 1967 |
Fundado | 1967 |
Pavillón | Pavelló Municipal |
Presidente | Miquel Soler |
Adestrador | Jordi Raga |
Competición | 1ª División |
Cores | Vermello e negro |
Na rede | |
http://www.phcsantcugat.com | |
Sitio web Sitio web oficial |
O Patí Hoquei Club Sant Cugat é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Sant Cugat del Vallès, Cataluña. Actualmente compite na Primeira División, a segunda categoría do hóckey a patíns no Estado español.
Historia
[editar | editar a fonte]O P.H.C. Sant Cugat comezou a súa andaina como club de hóckey en 1967, cando varios equipos comezaron a realizar os seus adestramentos. Con todo non foi ata o 8 de decembro de 1969 cando o equipo xogou os seus primeiros partidos, nos que se enfrontou ao decano do hóckey a patíns español, o Cerdanyola CH, como culminación de dous anos de escola.
O club comezou con dous equipos e uns 15 xogadores. Formouse o equipo sénior, que pasou a militar na Segona Catalana, e sentaron as bases do P.H.C. Sant Cugat formando a novos xogadores. A primeira pista do equipo sería a pista Méndez, unha pista descuberta.
En 1984, cos primeiros adestramentos, os rapaces que acudían á pista atopáronse o pavillón pechado. O daquela responsabletécnico Roc Mestres fixo cambiarse aos rapaces como se fosen adestrar e os puxo a patinar na rúa, o que provocou que en poucos minutos se producira un atasco que fixo acudir á zona ao concelleiro de deportes. Tras unha tensa reunión aclarouse a situación do malentendido.
Cores
[editar | editar a fonte]O negro e o vermello son as cores que representan ácidade e que dende o principio estiveron ligados ó club, porén non sempre as dúas cores tiveron a mesma importancia e durante a década dos '80 o vermello cedeulle o protagonismo ao negro ata a actualidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)