Jesús Gende París

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Gende París
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Gende París, nado en Abegondo (A Coruña) en 1981, é un ex xogador e actual adestrador de hóckey a patíns galego. Xogaba na demarcación de defensa.

Militou durante 16 anos no H.C. Liceo, ao que chegou sendo un neno, procedente do Club Patín Ordes. Na parte final da súa carreira xogou no CP Cerceda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jesús Gende comezou a súa carreira como xogador de hóckey en Ordes, nas categorías inferiores do Club Patín Ordes. Cando aínda pertencía ás categorías inferiores fichou polo H.C. Liceo e subiu ao primeiro equipo xunto con Josep Lamas e Josama Alén. Co club liceísta gañou a Copa de Europa, a Intercontinental, a Supercopa de Europa, a Copa CERS e a Copa do Rei.

Tras 16 anos no Liceo fichou en 2010 polo CP Cerceda, club creado a tempada anterior e que acababa de descender á Primeira División (2ª categoría do hóckey español).[1] Xogou tres anos no club cercedense, e cando estaba a piques de lograr o ascenso á máxima categoría tivo que retirarse do hóckey por problemas nas costas.[2]

Dende 2014 adestra ao RHC Dorbinrn, da Liga Austríaca.[3][4]

Equipos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

HC Liceo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varela, María (27 de setembro de 2010). "Jesús Gende "Me hubiese gustado luchar con el Cerceda por la permanencia"". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  2. "Jesús Gende se retira por problemas de espalda" (en castelán). 19 de febreiro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  3. Varela, María (2 de xuño de 2016). "O trío coruñés que conquista Austria". La Opinión A Coruña. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  4. "Equipo do RCH Dornbirn". rhc-dornbirn.com (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]