José Ramón López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón López
Biografía
Nacemento23 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ramón López Regos, nado o 23 de maio de 1983 en Ordes, é un xogador de hóckey a patíns galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Ramón comezou a xogar ao hóckey a patíns aos 5 anos de idade no extinto Club Patín Ordes. Aos 17 anos o HC Liceo fixouse nel, levándoo para A Coruña, onde chegou a debutar co primeiro equipo. Dúas tempadas despois, asinou polo CP Alcobendas, club ao cal estivo vencellado catro anos (dous na OK Liga e dous en Primeira). Logo desta etapa en Madrid, o dianteiro ordense marchou un ano ao PAS Alcoi da OK Liga, volvendo despois ao Liceo "B" (daquela denominado Cerceda Liceo), conseguindo o ascenso á OK Liga co filial liceísta. Coa fundación do Club Patín Cerceda como club independente do Liceo para poder xogar na OK Liga, José Ramón pasou a formar parte do novo club.

No 2018 ingresou no A.C. Ordes, equipo no que xoga e adestra.[cando?]

José Ramón ten sido internacional coa selección española en categorías inferiores, proclamándose dúas veces Campión de Europa coa selección española Júnior, en Francia (2001) e en Italia (2002).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

  • 2 Campionatos de Europa júnior: 2001 e 2002

A.C. Ordes[editar | editar a fonte]

  • 1 Copa Federación senior: 2019

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]