CP Voltregà
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
C.P. Voltregà | |
---|---|
Cidade | Sant Hipòlit de Voltregà, Barcelona, Cataluña |
Historia | 1955 |
Fundado | 1955 |
Pavillón | Pavillón Municipal de Deportes (1.000) |
Presidente | Xavier Sala Pastallé |
Adestrador | Francesc Linares |
Competición | OK Liga |
Títulos | |
Copas de Europa | 3 (1965-66, 1974-75, 1975-76) |
Copa CERS | 1 (2001-02) |
Ligas españolas | 3 (1964-65, 1974-75, 1975-76) |
Lliga Catalana | 1 (1990-91) |
Copas do Rei | 5 (1960, 1965, 1969, 1974, 1977) |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
http://www.cpvoltrega.com | |
Sitio web Sitio web oficial |
O Club Patí Voltregà é un club deportivo de Sant Hipòlit de Voltregà, en Osona (Barcelona), fundado en 1955 adicadase ao hóckey a patíns e actualmente participa na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns de España.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no ano 1955 por Victorià Oliveras de la Riva, que anos despois foi presidenta do RCD Espanyol. Ao cabo de pouco tempo dende a súa fundación, o CP Voltregà acadou o ascenso á máxima categoría do hóckey patíns español. Dende aquela, o Voltregà mantivo a categoría ata o final da tempada 2008-09, na que por primeira vez descende á segunda categoría.
Os primeiros anos do equipo masculino foron brillantes, acadando as tres Copas de Europa que posúe (1965-66, 1974-75 e 1975-76). Máis recientemente, na tempada 2001-02, o primeiro equipo acadou o título da Copa CERS.
No 2006 foille concedida a Creu de Sant Jordi pola Generalitat de Cataluña.[1]
Equipo feminino
[editar | editar a fonte]Compre destacar ao seu equipo feminino, que na tempada 2005-06 acadou os tres títulos aos que aspiraba (Campionato de Cataluña, Campionato de España e Copa da Raíña). O CP Voltregà converteuse no primeiro equipo en organizar a I Copa de Europa feminina (maio de 2007). Ese ano acada o título que lle faltaba no seu palmarés, a Copa de Europa, disputada en Mealhada en maio de 2007).
Palmarés
[editar | editar a fonte]Categoría masculina
- 3 Ligas españolas (1964-65, 1974-75 e 1975-76)
- 5 Copas do Rei (1960, 1965, 1969, 1974 e 1977)
- 3 Copas de Europa (1965-66, 1974-75 e 1975-76)
- 1 Lliga Catalana (1990-91)
- 1 Copa CERS (2001-02)
Categoría feminina
- 6 Copas de Europa (2008, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2019)
- 5 Campionatos de España (2003, 2005, 2006, 2007, 2008)
- 5 OK Liga (2011, 2012, 2013, 2014 e 2016)
- 6 Copas da Raíña (2006, 2007, 2008, 2011, 2014 e 2017)
- 7 Lligas Catalanas (2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09)
- 1 Copa Catalana
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Site oficialArquivado 01 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Creus de Sant Jordi 2006" (en catalán). Generalitat de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017.