Martín Rodríguez Garaboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartín Rodríguez Garaboa
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Hockey Club Liceo da Coruña
- Club Patín Cerceda
- Club Patín Alcobendas Editar o valor em Wikidata

Martín Rodríguez Garaboa, nado na Coruña o 17 de agosto de 1994, é un xogador de hóckey a patíns galego, que xoga de porteiro no Noisy-le-Grand da liga francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do HC Liceo, e cando era xuvenil marchou ao CP Cerceda con Juan Copa e outros xogadores do Liceo.[1] Co Cerceda debutou en Primeira Nacional e logo na OK Liga, tras o ascenso da tempada 2012/13. Coincidindo coa desaparición do Cerceda, no verán de 2016 fichou polo CP Alcobendas.[2] Despois dunha tempada no club madrileño volveu ao Liceo en 2017.[3]

No equipo coruñés foi o segundo porteiro por detrás de Xavier Malián primeiro e Carles Grau despois, acabando subcampión da OK Liga tres tempadas seguidas e gañando a Supercopa de España 2018-19. En 2021 proclamouse campión da Copa do Rei e na seguinte tempada gañou a OK Liga, a oitava na historia do club.

No verán de 2022 deixou A Coruña para instalarse en Francia, fichando polo Noisy-le-Grand.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

HC Liceo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Conociendo un poco más a… Martín Rodríguez". hockeyasturias.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  2. "Martín Rodríguez, nuevo portero del Reicomsa Alcobendas" (en castelán). 13 de xuño de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  3. "Martín Rodríguez completa la portería del Liceo" (en castelán). 2 de agosto de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  4. "Martín Rodríguez se incorpora al Noisy de la liga francesa". La Opinión A Coruña (en castelán). 23 de xullo de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]