Pablo Fernández Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Fernández
Información persoal
Nome Pablo Fernández Blanco
Nacemento 17 de setembro de 1996
Lugar de nacemento Candás
Altura 1,91 m.
Posición Extremo dereito
Dianteiro
Información de club
Club actual Gimnàstic de Tarragona
Número 17
Carreira xuvenil
Sporting de Gijón
Candás
2014–2015 Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Candás 36 (2)
2014–2019 Sporting de Gijón B 173 (41)
2017–2019 Sporting de Gijón 3 (0)
2019–2021 Cornellà 52 (9)
2021– Gimnàstic de Tarragona 78 (10)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Fernández Blanco, nado en Candás o 17 de setembro de 1996, é un futbolista español que xoga como extremo dereito ou dianteiro no Gimnàstic de Tarragona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Candás da súa vila natal e do Sporting de Gijjón.[1][2] Con 16 anos debutou co primeiro equipo do Candás na Terceira División, nun partido ante o Praviano.

Posteriormente xogou co equipo xuvenil do Sporting na División de Honra, ao tempo que disputaba partidos co filial do club, o Sporting B, na Segunda División B. O 5 de abril de 2017 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo ao seu compañeiro Nacho Cases na derrota por 0-1 ante o Málaga.[3]

En xullo de 2019 deixou o Sporting e fichou polo Cornellà.[4] Disputou 58 partidos co club catalán, anotando 10 goles, ata que en xuño de 2021 pasou ao Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabranes, Ángel (7 de abril de 2017). "Pablo nunca se rinde" (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  2. Pérez, Nacho (9 de xullo de 2017). "Así es Pablo Fernández, un talento distinto" (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  3. "Las manos de Kameni mantienen al Málaga" (en castelán). 5 de abril de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  4. "BIENVENIDO, PABLO FERNÁNDEZ" (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  5. "Pablo Fernández, nueva incorporación grana" (en catalán). 28 de xuño de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]