Club Deportivo Arenteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CD Arenteiro")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arenteiro
NomeClub Deportivo Arenteiro
Fundación1958
EstadioEspiñedo,
O Carballiño, Galicia
Capacidade2.000
PresidenteGalicia Argimiro Marnotes
AdestradorGalicia Fran Justo
Liga2ª RFEF – Grupo 1
2020–21
VestimentaMERCURY
PatrocinadorCer&Ber
Páxina web
Na casa
Fóra

O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, militante na segunda Autonómica.

No 1990 pasou a chamarse Club Deportivo O Carballiño, pero no 2005 recuperou a denominación tradicional. Recibe o nome do río Arenteiro, río que atravesa a vila do Carballiño.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado en 1958, o Arenteiro debutou en Terceira División na tempada 1964/65 e mantívose tres anos consecutivos na categoría, volvendo descender en 1967. Non foi ata 1980 cando conseguiu de novo o ascenso a Terceira.

Na tempada 1986/87 proclamouse subcampión do grupo I da Terceira División, por detrás do Endesa As Pontes. Grazas á ampliación da Segunda División B de 1 a 4 grupos a tempada seguinte, o Arenteiro conseguiu o ascenso directo de categoría. Na tempada 1987/88 debutou e logrou a permanencia en Segunda B, da man do adestrador Agapito Viñas, cun equpo no que xogaban entre outros Pereira, Sobrino, Carlos Lago ou Quecho.[1] Na campaña seguinte descendeu novamente a Terceira.

Tralo descenso de categoría, o equipo mantívose un par de anos na metade da táboa ata que na 1991/92 acabou na terceira posición. Na liguiña de ascenso a Segunda B acabou terceiro, por detrás do RSD Alcalá e o CD Lealtad, e por diante do Atlético Astorga, sen poder ascender. Volveu repetir a terceira posición na liga ao ano seguinte, no que tampouco conseguiu o ascenso, quedando último na liguiña tralo Real Madrid C, o Zamora CF e o Club Siero. Na campaña seguinte descendeu a Preferente.

Tralo descenso, o equipo pasou máis de dúas décadas entre a Preferente (a mayoría de tempadas) e a Primeira Autonómica. Na 2016/17 acabou a liga en Preferente na terceira posición e, grazas ao ascenso do Rápido de Bouzas a Segunda B, o Arenteiro ascendeu de novo á Terceira División despois de 23 anos de ausencia na categoría.

Na tempada 2020/21, conseguiu ascender á Segunda División RFEF, 34 anos despois da súa última tempada na antiga Segunda B.​ Además, proclamouse campión da categoría, ao vencer ao Bergantiños, segundo clasificado. Na Copa do Rei 2021/22, a súa sétima participación no torneo, o equipo verde eliminou na primeira rolda á SD Logroñés, equipo dunha categoría superior (Primeira RFEF), ao que gañou 2-1 con goles de Renan Zanelli e Sylla.[2] Para a seguinte rolda o sorteo emparellou ao club do Carballiño cun equipo de Primeira División: o Valencia.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 19

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
desde 1958-59 Rexional
á 1963-64 Rexional
1964/65 12º
1965/66 11º
1966/67 16º
desde 1967-68 Rexional
á 1979-80 Rexional
1980/81
1981/82 14º
1982/83 15º
1983/84
1984/85
1985/86 14º
Tempada Categoría Posto
1986/87 Green Arrow Up.svg
1987/88 2ªB 16º
1988/89 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
1989/90
1990/91 10º
1991/92
1992/93
1993/94 16º Red Arrow Down.svg
1994/95 Preferente 14º
1995/96 Preferente
1997/98 Preferente
1998/99 Preferente 12º
1999/00 Preferente 15º
Tempada Categoría Posto
2000/01 Preferente 14º
2001/02 Preferente 15º
2002/03 Preferente 15º
2003/04 Preferente 20º Red Arrow Down.svg
2004/05 1ª Autonómica
2005/06 1ª Autonómica Green Arrow Up.svg
2006/07 Preferente 15º
2007/08 Preferente
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente 13º
2010/11 Preferente 19º Red Arrow Down.svg
2011/12 1ª Autonómica Green Arrow Up.svg
2012/13 Preferente 17º
Tempada Categoría Posto
2013/14 1ª Autonómica Green Arrow Up.svg
2014/15 Preferente 12º
2015/16 Preferente
2016/17 Preferente Green Arrow Up.svg
2017/18 14º
2018/19 13º
2019/20
2020/21 Green Arrow Up.svg
2021/22 2ª RFEF

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Luis M. (23 de febreiro de 2021). "El Arenteiro busca un ascenso que no celebra desde 1987". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "O Arenteiro apea ao Logroñés e soña cun Primeira en Espiñedo". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]