Saltar ao contido

Bombardeo de Singapur (1944-1945)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bombardeo de Singapur (1944-1945)
Segunda guerra mundial
Bombing of South-East Asia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
O IX peirao flotante da base naval de Singapur foi o obxectivo de dous ataques en 1945.
Tipocampaña militar e ataque aéreo Editar o valor en Wikidata
ResultadoIncerto
Coordenadas1°22′00″N 103°48′00″L / 1.36666667, 103.8
Data
Data5 de novembro de 1944 - 24 de maio de 1945
Comezo5 de novembro de 1944 Editar o valor en Wikidata
Remate24 de maio de 1945 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Estados Unidos de América Estados Unidos

Reino Unido Reino Unido

Xapón Imperio do Xapón
Baixas
9 bombardeiros destruídos Destrución de varias instalacións navais. Destrución de catro navíos e danos en once.
Campaña
Guerra do Pacífico (1941-1945) Editar ]
Wikidata ]

O bombardeo de Singapur (1944–1945) foi unha campaña militar dirixida polas forzas aéreas aliadas durante a segunda guerra mundial. Unidades de bombardeiros de longo alcance das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) lanzaron 11 ataques aéreos dirixidos a Singapur, ocupado polo Imperio Xaponés, entre novembro de 1944 e marzo de 1945. A maioría destes ataques ían dirixidos contra a base naval e as instalacións dos estaleiros da illa. Despois de que os bombardeiros americanos se reorganizasen, os británicos da Royal Air Force asumiron a responsabilidade das operacións de minado preto de Singapur, as cales continuaron até o 24 de maio de 1945.

Os ataques tiveron resultados diversos: o dano máis significativo foi provocado na importante base naval de Singapur e no porto comercial. Algúns ataques sobre estes obxectivos non tiveron éxito e outros contra instalacións de almacenaxe de carburante en illas preto de Singapur foron ineficaces. A campaña de minado interrompeu o tráfico de barcos xaponesos na área de Singapur e provocou a perda de tres barcos e danos noutros dez, pero no foron decisivos no devir da guerra. Porén, os ataques aéreos aliados tiveron éxito alzando a moral da poboación civil de Singapur, que cría que estes poderían marcar a inminente liberación da cidade. O número global de vítimas civís dos bombardeos foi baixo, aínda que un ataque en concreto matou centenares de indixentes e varios traballadores civís de instalacións militares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]