Saltar ao contido

Guerra franco-tailandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A guerra franco-tailandesa (en tailandés กรณีพิพาทอินโดจีน 'conflito de Indochina' e francés guerre franco-thaïlandaise) foi un conflito armado entre a Tailandia e a Francia de Vichy que durou de outubro de 1940 a maio de 1941 polo control dun territorio que forma parte agora de Camboxa e Laos, que era parte da Indochina Francesa, pero que no pasado fora parte da soberanía tailandesa. Un dos episodios bélicos máis famosos foi a batalla de Koh Chang.

O goberno xaponés mediou no conflito chegándose a un armisticio xeral o 28 de xaneiro de 1941, asinando os belixerantes un tratado de paz en Toquio o 9 de maio que entregaba a Tailandia 24.039 km², creándose as provincias de Battambang, Siem Reap, Champassak e Sayaburi que se mantiveron tailandesas ata o terminación da segunda guerra mundial en 1945.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.