Federación Internacional de Tenis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Federación Internacional de Tenis (en inglés: International Tennis Federation, ITF) é o organismo máximo do tenis mundial, que ten como principal obxectivo, regular, expandir e levar este deporte a todo o mundo. Ten a súa sede en Londres.

A ITF ten incidencia en competicións que van desde os eventos profesionais máis destacados como os Xogos Olímpicos, os Grand Slams, a Copa Davis e a Fed Cup, ata os de nivel de entrada como os torneos Satélites e Futures correspondentes ao Circuíto ITF masculino e feminino, así como eventos para juniors, veteranos e cadeira de rodas.

Historia[editar | editar a fonte]

A necesidade de establecer unha federación de carácter internacional xurdiu en 1911. Por eses anos o tenis sobre céspede comezaba a desenvolverse con gran forza no mundo, polo que se facía imperiosa unha alianza para que o deporte fose estruturado de forma ordenada a nivel mundial, aproveitando que as Asociacións Nacionais de Tenis xa se atopaban establecidas e conformadas.

Duane Williams foi un dos grandes xestores, que xunto a Charles Barde, membro honorario da Asociación de Tenis de Suíza, e Henri Wallet da Federación Francesa de Tenis, deron forza a esta idea.

Finalmente, doce foron as asociacións que se reuniron por primeira vez na conferencia anual que se realizou en París, o 1 de marzo de 1913, fundando desta maneira a Federación Internacional de Tenis. Os membros fundadores foron: Alemaña, Australasia (Australia e Nova Zelandia), Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Países Baixos, Reino Unido, Rusia, Suecia, Suíza e Suráfrica.

Organización[editar | editar a fonte]

A estrutura xerárquica da federación está conformada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso, o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.

A ITF conta en 2016 coa afiliación de 211 federacións nacionais (148 membros de pleno dereito e 63 membros asociados, sen dereito a voto) repartidas en seis organismos continentais:

  • Confederación Africana de Tenis (CAT)
  • Federación Asiática de Tenis (ATF)
  • Federación Europea de Tenisn (TE)
  • Norteamérica e o Caribe
  • Federación de Tenis de Oceanía (OTF)
  • Confederación Suramericana de Tenis (COSAT)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]