Axencia Espacial Europea
Coordenadas: 48°50′53.52″N 2°18′15.12″L / 48.8482000, -2.3042000
Axencia Espacial Europea
| |
---|---|
![]() logo da ESA
| |
Propietario | |
Establecido | 30 de maio de 1975 (44 anos) |
Sede | París |
Cosmódromo | Centro Espacial de Kourou |
Administrador | Johann-Dietrich Wörner |
Orzamento | ![]() |
Lingua oficial | inglés, francés e alemán. |
Web | esa.int |
A ESA, acrónimo en inglés da Axencia Espacial Europea (European Space Agency), formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo. En 2015 contaba con 22 estados membros. As súas oficinas centrais están en París. En 2019 o seu director científico é Günter Hasinger.[2]
Índice
Membros da ESA[editar | editar a fonte]
Os 22 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.[3]
Acordos de cooperación[editar | editar a fonte]

Canadá ten un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Sete membros da UE son estados europeos colaboradores ou teñen acordos de cooperación con a ESA son: Bulgaria, Chipre,Croacia, Letonia, Lituania, Malta, Eslovaquia e Eslovenia.[4][5]
Relacións coa Unión Europea[editar | editar a fonte]
Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".
En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta. A máis, manteñen tratados de colaboración e financiamento para programas concretos, como o do programa Copérnico.[6]
Preparación e desenvolvemento[editar | editar a fonte]
As actividades da ESA comprenden unha ampla gama, dende actuacións nos foros políticos e económicos para a procura de apoios e financiamento ata o propio desenvolvemento e seguemento das misións espaciais e a súa preparación. Como exemplos disto último, en canto a seguemento a axencia ten construído estacións de seguemento en España, Australia e Arxentina, e coopera con outras axencias para compartir capacidades,[7] e en canto a preparación, en novembro de 2018 houbo unha simulación dun paseo lunar en Lanzarote, como parte de Pangaea-X.[8]
Unha actividade importante da ESA constitúea a preparación das misións, con centros adicados a iso como o ESTEC Test Centre en Noordwijk, nos Países Baixos, que alberga o LSS (Large Space Simulator, Gran Simulador Espacial) para testado de satélites ás condicións que se poden atopar no espazo.[9]
A preparación das misións inclúe investigación técnica, con desenvolvemento de produtos como Delta-DOR, técnica de navegación do espazo profundo ultraprecisa.
A ESA segue a ampliar e mellorar a súa rede, como pon de manifesto a actualización do radiotelescopio privado de Goonhilly, parte da Estación Terrestre de Goonhilly, en Cornualles, Inglaterra.[7][10]
Programa Horizonte 2000[editar | editar a fonte]
O programa Horizonte 2000 ('Horizon 2000') é o eixe das actuacións da ESA nas primeiras décadas do século XXI. Da acubillo ás misións Soho e Cluster, XMM-Newton, Herschel, e Rosetta , así como outras de menor envergadura, como Hubble, Cassini-Huygens, Planck, Integral, Gaia e Hipparcos, e cobre tódolos aspectos da ciencia espacial.[11]
Outras misións[editar | editar a fonte]
Entre 2003 e 2008 desenvolveuse a misión Duble Star / Tan Ce en colaboración con China.[12]
A serie PROBA (Project for On-Board Autonomy) desenvolveu o lanzamento de varios microsatélites. O primeiro, o Proba (logo renomeado como Proba-1), foi lanzado o 22 de outubro de 2001 por ISRO. No 2009 foi lanzado Proba-2[13] e no 2013 foi lanzado o satélite Proba-V,[14] o terceiro da serie.
No 2011 foi instaldo na Estación Espacial Internacional o Espectrómetro Magnético Alfa (Apha Magnetic Spectrometer, AMS).[15]
No 2018 tivo lugar o lanzamento do primeiro satélite da misión Aeolus.[16] Ese mesmo ano comezou a perfilarse a misión Lagranxe, que espera estar definida a mediados de 2019.[17]
No 2019 terá lugar o lanzamento de JUICE, (Jupiter Icy Moons Explorer, Explorador das lúas xeadas de Xúpiter).[18] Nese mesmo ano, estase a preparar o telescopio espacial CHEOPS.[19]
No 2019 acórdase a misión 'Solar wind Magnetosphere Ionosphere Link Explorer', Smile, en cooperación con China, para explorar a conexión Sol-Terra.[12]
Cosmic Vision[editar | editar a fonte]
Cosmic Vision é o planeamento da ESA para o período 2015-2025, abranguendo diversas misións, como a Solar Orbiter (primeira misión asignada a Cosmic Vision), en conxunto coa NASA, que comezará a operar en 2010.[20][21]
Propostas para o futuro[editar | editar a fonte]
Aínda co plan Cosmic Vision 2015-2025 en marcha, e tendo en conta que do comezo da concepción dunha misión ata o cumprimento dos seus obxectivos e obtención de resultados científicos poden pasar vinte anos,.no 2019 comeza a traballar no programa Voyage 2050, que pretende deseñar os pasos que a ESA dará no período 2035-2050, anunciando por primeria vez o comezo dunha consulta pública.[22]
Amais das misións espaciais, a ESA procura a difusión do seu traballo, a aplicación da tecnoloxía espacial (como no caso do reciclado de auga no espazo, baseado no MELiSSA (Micro-Ecological Life Support System Alternative) aplicado en diversos lugares na superficie terrestre[23]), a aplicación da intelixencia artificial para predicir o futuro terrestre[24] e o ensino do espazo, entre outras actividades,[25] lanzando diversas campañas.[26][27]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Axencia Espacial Europea |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Lista de programas e misións da Axencia Europea do Espazo
- Axencia Espacial Canadense
- Administración Espacial Nacional Chinesa
- National Aeronautics and Space Administration
- Axencia Italiana do Espazo
- Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
- Axencia Rusa de Aviación e o Espazo
- Programa espacial soviético (histórico)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Axencia Europea do Espazo
- [1] Boletín informativo da ESA, en liña
|
|