CubeSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un CubeSat (AAUSAT3-FM).

CubeSat é un tipo de bus estándar para Satélites. O concepto foi ideado en 1999 polos profesores Jordi Puig-Suari, da Universidade Politécnica do Estado de California (Cal Poly) e Bob Twiggs, do Laboratorio de Desenvolvemento de Sistemas Espaciais da Universidade de Stanford (SSDL).[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A finalidade do estándar é permitir o lanzamento de picosatélites (satélites artificias cunha masa da orde de kg) funcionais e de baixo custo, cun baixo tempo de desenvolvemento e facilitando o acceso ao espazo a organizacións modestas. O proxecto CubeSat abrangue máis de cen universidades, institutos e empresas privadas que desenvolven picosatélites con finalidades científicas, comerciais e gobernamentais.[1]

O estándar especifica que a forma dun CubeSat básico é un cubo de 10 cm de lado cunha masa de ata 1,33 kg, coa posibilidade de apilar unidades para formar picosatélites de 3 ou máis unidades.[1]

Algúns CubeSats son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Arash Mehrparvar (20 de febreiro de 2014). California Polytechnic State University, ed. "CubeSat Design Specification" (PDF) (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2019. 
  2. Mark Wade (2019). "Cubesat" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]