Solar Orbiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Solar Orbiter é unha misión conxunta da NASA e a ESA para o estudo solar, elixida en 2011 como primeira misión de Cosmic Vision.[1]

Esquema amosando as perspectivas do Sol dende a Terra e o Solar Orbiter

Está previsto que a nave sexa lanzada en febreiro de 2020.[1] A comezos de 2019 sufre probas de funcionamento e resistencia en IABG en Ottobrunn (Alemaña).[2]

O obxectivo da misión é a física solar e heliosférica,[3] facendo observacións do Sol dende unha órbita única que permitirá estudar o conxunto estelar e a coroa solar cun nivel de detalle nunca acadado, obtendo imaxes de alta resolución das rexións polares do Sol. Máis polo miúdo, pretende chegar a claves sobre o desenvolvemento dos planetas e a emerxencia da vida a través de como traballa o sistema solar, as orixes do Universo e a física fundamentall que mantén o funcionamento a dito nivel.

Solar Orbiter sufriu diversas probas de funcionamento, incluído o test de temperatura de 107 ºC (no caso da cuberta protectora, levouse a 520 ºC).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Solar Orbiter during thermal-vacuum tests". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01. 
  2. esa. "El equinoccio en el Sol, con SOHO". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-03-27. 
  3. "Solar Orbiter". sci.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-03-27.