Alén Space

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alén Space
TipoSociedade limitada
PropósitoDeseño, manufactura e operación de pequenos satélites
Campo de traballoPequenos satélites
Data de fundación2008
Director/aGuillermo Lamelas
Nº de membros30
Organización matrizAlén Space S.L.
SedeNigrán
PaísEspaña
Na rede
https://alen.space e https://alen.space/es/inicio/
Facebook: AlenSpace Twitter: alenspace LinkedIn: alenspace Youtube: UCYClXKq3fSBhmuFAe6z6mug Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alén Space é unha empresa galega do sector do NewSpace, localizada en Vigo. Está dedicada ó desenvolvemento en todas as etapas, software e hardware, deseño e construción de satélites artificiais.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Alén Space comeza no 2007 por medio dunha iniciativa do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) para o lanzamento dun nanosatélite. Grazas a isto fundaríase a Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, composta por un equipo de varios departamentos e liderada por Fernando Aguado, e daría inicio o deseño e a fabricación de Xatcobeo, que no ano 2012 converteuse no primeiro nanosatélite español[1].

Isto marcaría o inicio de novos proxectos como os satélites Humsat-D lanzado no 2013 e o Serpens lanzado no 2015 en colaboración coa Oficina de Nacións Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e pola Axencia Espacial Europea (ESA).

No 2017 co financiamento do Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia fundásese a empresa aeroespacial Alén Space.

No ano 2018 entrou na clasificación das 100 startups máis importantes do 2018 segundo a organización South Summit[2]e gañou o premio Cinco Días á innovación[3].

No ano 2019 recibiu unha rolda de investimento de 1 millón de euros por parte de CDTI e BeAble Capital.[4]

No ano 2020 foi elixida como Best Space Startup nos Premios South Europe Startup Awards (SESA).[5]

Neste mesmo ano 2020 Sateliot, operador de telecomunicacións satelital baixo unha arquitectura 5G, anunciou unha alianza con Alén Space para o desenvolvemento da carga útil dos seus primeiros nanosatélites co obxectivo de realizar o primeiro lanzamento a fináis do ano 2020[6][7] A tecnoloxía que irá a bordo deste nanosatélite está composta por unha tarxeta SDR (Radio Definida por Software), onde se procesan os sinais recibidos e xéranse a que se transmiten a terra. Ademais dunha placa de acondicionamento de radiofrecuencia e unha antena despregable que permitirá a comunicación cos dispositivos terrestres.[8].

No 2021 forma parte dunha colaboración coa Universidade de Oviedo e a Universidade de Vigo cun proxecto para a ESA para explorar as covas lunares.[9]

Satélites desenvolvidos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]