Planck (observatorio espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Planck
Model of the Planck Satellite.jpg
Modelo do satélite Planck
Tipo Científico
Fabricante Alcatel Space Systems, Astrium GmbH, Alenia Spazio
Organización ESA
Destino actual En órbita de halo no punto L2 do sistema Terra-Sol.[1]
Data de lanzamento 14 de maio de 2009, 13:12 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Ariane 5 ECA[3][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Kourou, rampla ELA-3[3][6]
Obxectivo da misión Estudo do fondo cósmico de microondas.[3][6]
NSSDC ID 2009-026B
Masa 1800,0 kg[5]

Planck, previamente coñecido como COBRAS-SAMBA, foi un observatorio espacial lanzado o 14 de maio de 2009 mediante un foguete Ariane 5 ECA xunto co observatorio Herschel desde o Centro Espacial de Kourou para estudar o fondo cósmico de microondas.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Planck foi a terceira misión de clase Media da ESA do Programa Científico Horizon 2000 e adicouse a estudar o fondo cósmico de microondas, a luz remanente do Big Bang cuxa análise leva a un mellor coñecemento dos inicios do Universo. A nave foi lanzada unha órbita de halo arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol, a uns 1,5 millóns de quilómetros da Terra, un sitio adecuado para facer as observacións necesarias no infravermello distante e en lonxitudes de onda submilimétricas. Planck continuou as investigacións comezadas co satélite COBE da NASA en 1989 e seguidas polo satélite WMAP, tamén da NASA, mellorando a precisión das medicións de ámbalas dúas misións.[3][5][6]

Nave[editar | editar a fonte]

Planck tiña forma aproximadamente cilíndrica con 4,20 m de altura e 4,22 m de diámetro. Usaba un espello primario de 1,9 x 1,5 m para alimentar os seus dous instrumentos e pesaba 1,95 toneladas ao lanzamento. Estabilizábase mediante xiro, a 1 r.p.m. O sistema de propulsión constaba de 12 propulsores de 20 N de pulo cada un e 4 propulsores de 1 N. A enerxía eléctrica era proporcionada por un panel solar cunha superficie de 13 m2 situado na parte posterior da nave e que alimentaba unhas baterías de ión litio de 39 Ah de capacidade.[3][5][6][7]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Planck levaba dous instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Low-Frequency Instrument (LFI, Instrumento de Baixa Frecuencia): consta de 56 receptores de radio sensibles a frecuencias de entre 30 e 100 GHz. O instrumento ten que funcionar a unha temperatura de 20 K, proporcionando unha resolución angular de 10 minutos de arco e unha sensibilidade de 12 microKelvin.
  • High-Frequency Instrument (HFI, Instrumento de Alta Frecuencia): contén 56 bolómetros sensibles a frecuencias de entre 100 e 850 GHz. Arrefriábase a 0,1 K, proporcionando unha resolución angular de 5 minutos de arco e unha sensibilidade de 5 microkelvin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PLANCK" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (10-54673). 22 de xuño de 2010: 5. Consultado o 23 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (12 de febreiro de 2016). "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Planck" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 
  7. ESA, ed. (2016). "Vital Stats" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]