INTEGRAL (satélite)
INTEGRAL | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | ESA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 17 de outubro de 2002[1][2][3] |
Foguete portador | Proton[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios gamma.[2][5] |
NSSDC ID | 2002-048A |
Masa | 3500 kg[4][4][5] |
Dimensións | 3 x 4 x 5 metros sen os paneis solares estendidos.[2][4] |
Potencia | 690 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 87.718,9 km[1] |
Inclinación | 70,7 graos[1] |
Apoapse | 159.532,9 km[1] |
Periapse | 3163,0 km[1] |
INTEGRAL (acrónimo de International Gamma-Ray Astrophysics Laboratory) é un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de outubro de 2002 mediante un foguete Proton desde o cosmódromo de Baikonur.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]O obxectivo de INTEGRAL é facer observacións astronómicas nas lonxitudes de onda dos raios gamma, a enerxías de entre 15 keV e 10 MeV.[2][4]
O satélite estabilízase nos tres eixos e ten unhas dimensións duns 3 x 4 x 5 metros sen os paneis solares estendidos. Os datos científicos transmítense a través dun enlace en banda S a unha velocidade de 86 kbps a dúas estacións terrestres, unha en Redu (Bélxica) e outra en Goldstone (Estados Unidos).[2][4]
O Centro de Datos Científicos de Integral sitúase en Xenebra.[6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]INTEGRAL leva catro instrumentos científicos a bordo:[2][4]
- SPI: é un espectrómetro de raios gamma que traballa entre o 20 keV e os 8 MeV.[2][4]
- IBIS: trátase dunha cámara de raios gamma que traballa no rango entre 15 keV e 10 MeV.[2][4]
- JEM-X: monitor de raios X para o rango entre 3 e 35 keV.[2][4]
- OMC: é unha cámara óptica que funciona a unha lonxitude de onda de 550 nanómetros.[2][4]
Fitos
[editar | editar a fonte]En 2020 contribúe a establecer a relación entre os magnetares e a emisión de ráfagas rápidas de radio.[6]
Seguridade
[editar | editar a fonte]Un fallo producido en 2020 e de xeito posterior, un impacto recibido en setembro de 2021 fixeron ineludibles cambios na guía do aparello, pasando dun sistema baseado no propio instrumental a outro baseado en programación, implementado e probado o 2 de marzo de 2023.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INTEGRAL" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 NASA (4 de novembro de 2011). "INTEGRAL" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87784(E)): 5. 9 de setembro de 2003. ST/SG/SER.E/432. Consultado o 25 de maio de 2019.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Integral" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "Integral" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 "Una estrella muerta emite una mezcla de radiación nunca vista". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-28.
- ↑ "Safe at last". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-04-07.