Institute of Space and Astronautical Science
Institute of Space and Astronautical Science | |
---|---|
Tipo | instituto de investigación |
Data de fundación | 1955 |
Organización matriz | Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial |
En | Toquio |
País | Xapón |
35°33′30″N 139°23′43″L / 35.558389, 139.395255 | |
Na rede | |
http://www.isas.jaxa.jp/e/index.shtml, https://www.isas.jaxa.jp/en/index.html e https://www.isas.jaxa.jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Institute of Space and Astronautical Science (Instituto de Ciencia Espacial e Astronáutica) ou ISAS é unha organización xaponesa para a investigación en astrofísica e astronomía usando naves espaciais e para a investigación planetaria.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]O ISAS foi fundado en 1964 na Universidade de Toquio. Uns anos antes, en 1955, a universidade comezou a desenvolver foguetes sonda capaces de chegar aos 60 km de altura, participando no Ano Xeofísico Internacional. En 1970 o ISAS encargouse de lanzar o primeiro satélite xaponés con éxito a órbita, o Ohsumi, mediante un foguete L-4S. A partir de entón encargouse de diferentes misións en diferentes ámbitos, desde foguetes sonda a observatorios espaciais (como Ginga), pasando por misións lunares como HITEN ata misións de retorno de mostrar como Hayabusa.[1][2]
En 2003 ISAS fusionouse coas organizacións NASDA e NAL para formar a axencia JAXA.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Institute of Space and Astronautical Science |