Solar and Heliospheric Observatory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SOHO / Solar and Heliospheric Observatory
NASA SOHO spacecraft.png
Tipo Observatorio solar
Fabricante Matra Marconi Space
Organización NASA / ESA
Data de lanzamento 2 de decembro de 1995, 8:08 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Atlas IIAS[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misión Estudo do Sol.[2][6]
NSSDC ID 1995-065A
Masa 1350 kg[2][5][6]
Dimensións 3,65 m de altura, 9,50 m de envergadura[6]
Potencia 750 vatios[2]

Solar and Heliospheric Observatory, máis coñecido polo seu acrónimo SOHO, é un observatorio espacial conxunto da ESA e da NASA e lanzado o 2 de decembro de 1995 mediante un foguete Atlas IIAS desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de SOHO foi estudar o Sol en distintos aspectos, entre eles os procesos físicos que crean e quentan a coroa solar e o vento solar, e o seu interior mediante técnicas de heliosismoloxía. SOHO foi parte do Programa Internacional de Física Solar e Terrestre (ISTP pola súa sigla en inglés).[2][3][4][5]

O satélite foi fabricado por Matra Marconi Space, ten unha altura duns 3,65 m e unha envergadura de 9,50 m e estabilízase nos tres eixos. Apunta cara o sol cunha precisión de +/- 10 segundos de arco por cada 15 minutos de tempo. Foi lanzado a unha órbita arredor do punto de Lagrange L1 entre a Terra e o Sol (a 1,5 millóns de quilómetros da Terra) desde a que ten unha visión continua deste último. Está dividido en dous elementos: o módulo de carga, coa instrumentación, e o módulo de servizo, cos sistemas de propulsión, enerxía e comunicacións. SOHO leva doce instrumentos a bordo que producen un fluxo de datos de 40 kbps salvo cando entra en acción o instrumento MDI, que produce fluxos de ata 160 kbps. Os datos poden transmitirse en tempo real ou gardarse temporalmente na cinta magnética de a bordo.[2][3][4][5]

A misión nominal de SOHO era de dous anos, que completou en abril de 1998. Desde entón foi recibindo extensións. Entre os seus descubrimentos están os ríos de plasma baixo a superficie, estruturas magnéticas na superficie solar que contribúen ao quencemento da coroa, a primeira detección dunha erupción solar producida por terremotos solares, o descubrimento de varias decenas de cometas cerca do Sol e o estudo das execcións de masa coronales para mellorar as prediccións do tempo espacial.[2][3][4][5]

Os doce instrumentos de SOHO son os seguintes:[2][3][4][5]

  • CDS (Coronal Diagnostics Spectrometer): obtén espectroheliogramas no ultravioleta extremo para estudar a coroa solar.
  • CELIAS (Charge, Element, and Isotope Analysis System): estuda a composición do vento solar e as partículas enerxéticas interplanetarias.
  • COSTEP (Comprehensive Suprathermal and Energetic Particle Analyzer).
  • EIT (Extreme ultraviolet Imaging Telescope): toma imaxes da zona de transición solar e da coroa en catro lonxitudes de onda do ultravioleta extremo para estudar rexións activas, filamentos, prominencias, buratos coronais e outras características solares.
  • ERNE (Energetic and Relativistic Nuclei and Electron experiment).
  • GOLF (Global Oscillations at Low Frequencies): estuda a estrutura interna do Sol medindo o espectro de oscilacións globais no rango de frecuencias entre 10−7 e 10−2 Hz.
  • LASCO (Large Angle and Spectrometric Coronagraph): formado por tres telescopios con coronógrafo que toman imaxes en luz branca e obteñen espectros da coroa solar.
  • MDI/SOI (Michelson Doppler Imager/Solar Oscillations Investigation): composto por un telescopio cun detector CCD de 1024x1024 píxels que toma imaxes do Sol para estudar as propiedades da zona de convección solar e o seu campo magnético.
  • SUMER (Solar Ultraviolet Measurements of Emitted Radiation): mide pefís e intensidades das liñas do ultravioleta extremo emitidas pola atmosfera solar co fin de comprender o fluxo de plasma, a súa turbulencia, densidade e temperatura.
  • SWAN (Solar Wind Anisotropies): mide a luz ultravioleta correspondente á liña Lyman alfa dispersada polos átomos de hidróxeno interplanetario.
  • UVCS (Ultraviolet Coronagraph Spectrometer): observa a coroa solar a distancias entre 2 e 10 radios solares.
  • VIRGO (Variability of Solar Irradiance and Gravity Oscillations): mide a irradiancia total e espectral do Sol e mide as súas variacións, así como os diámetros ecuatoriais e polares do Sol e as frecuencias, amplitudes e fases dos modos de oscilación no rango de frecuencias entre 1 microHz e 8 miliHz.

O contacto con SOHO perdeuse o 24 de xuño de 1998 ás 23:16 durante operacións de mantenemento, co observatorio pasando automaticamente a un modo no que apunta ao Sol para recuperar a súa orientación orixinal. Os esforzos para recuperar a comunicación non tiveron éxito e unha análise da situación levou á conclusión de que SOHO estaba xirando sobre sí mesmo de tal modo que os seus paneis solares apenas recibían enerxía. A situación solucionouse por sí soa debido a que de maneira natural, na súa órbita, o ángulo da nave respecto do Sol foi disminuindo ata que os paneis recibiron suficiente luz e, o 3 de agosto, as comunicacións puideron retomarse. Tras retomar o control, os operadores de terra deixaron o observatorio funcionando de novo o 25 de setembro.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOHO" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 NASA (21 de marzo de 2017). "SOHO" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Letter dated 5 March 1996 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-81596(E)). 19 de marzo de 1996: 4. Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Claude Lafleur (2017). "SOHO" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SOHO" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2017). "SOHO" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2017.