JUICE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esquema de JUICE. A antena está cuberta para protexerse da radiación.
Esquema de JUICE. A antena está cuberta para protexerse da radiación.

Jupiter Icy Moons Explorer (Juice) é unha misión da ESA para a exploración do sistema xoviano, co que se atopará en outubro de 2029, despois de ter engalado a bordo dun Ariane 5 dende o Centro de lanzamento espacial de Kourou, na Güiana Francesa no 2022.[1] Entre outros aspectos, explorará a habitabilidade dos satélites Ganímedes, Europa e Calisto, con océanos de auga líquida.[2]

Na súa viaxe recibirá impulso gravitacional da Terra (3 veces), Venus (1) e Marte (1).

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Os instrumentos transportados son:[3]

3GM, (Gravity & Geophysics of Jupiter and Galilean Moons), é un conxunto de instrumentos de radio que comprenden o KaT (Ka transponder), USO (ultrastable oscillator) e o HAA (High Accuracy Accelerometer), para estudar o campo gravitacional de Ganímedes, a extensión dos océanos e a xeofísica nas lúas xeadas e a estrutura da atmosfera e inonosfera de Xúpiter e as súas lúas.

Gala, (GAnymede Laser Altimeter) para o estudo por láser da deformación mareal de Ganímedes e a topografía das lúas xovianas.

JANUS, un sistema de cámara óptica para o estudo de feitos e procesos a escala global, rexional ou local, nas lúas ou en Xúpiter (mapa de nubes) cunha resolución de 2,4 m para Ganímedes e duns 10 km para Xúpiter.

J-MAG é o magnetómetro de Juice, equipado con sensores para caracterizar o campo magnético xoviano e a súa interacción con Ganímedes, así como baixo da superficie dos océanos nas lúas xeadas.

MAJIS (Moons and Jupiter Imaging Spectrometer) observará as características espectrométricas das nubes e constituíntes atmosféricos de Xúpiter, e dos xeos e minerais supreficiais das lúas.

PEP (Particle Environment Package), conxunto de sensores para caracterizar o plasma no sistema xoviano.

RIME (Radar for Icy Moons Exploration), radar capaz de penetrar o xeo para estudar baixo a superficie das lúas xeadas ata uns nove km de profundidade.

RPWI, (Radio and Plasma Wave Investigation), caracterizará emisión de radio e medio de plasma no sistema xoviano.

SWI, (Sub-millimeter Wave Instrument) investigará a estrutura de temperaturas, composición e dinámica da atmosfera de Xúpiter, e das exosferas e superficies das lús.

UVS (UV imaging spectrograph) para o estudo da composición e dinámica das exosferas lunares, a aurora xupiterina e a composición e estrutura da alta atmosfera xoviana en ultravioleta.

A nave[editar | editar a fonte]

A recollida enerxética da nave consta de dez paneis solares de 2,5 m x 3,5 m, cinco a cada beira, que funcionan entre -110 ºC e +230 ºC.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  2. 2,0 2,1 "Juice solar panels ready to turn into wings". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-21. 
  3. "Juice’s instruments". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06.