A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (en xaponés 宇宙航空研究開発機構, en inglésJapan Aerospace Exploration Agency, JAXA) é a axencia aeroespacial do Xapón.
A JAXA fundouse o 1 de outubro do 2003 pola unión da Axencia Nacional de Desenvolvemento Espacial (NASDA), o Laboratorio Nacional Aeroespacial do Xapón (NAL) e o Instituto da Ciencia Aeronáutica e Espacial (ISAS).
A primeira misión da JAXA foi o lanzamento dun cohete H-2A, en novembro de 2003, que fracasou. Despois de 15 meses, en febreiro de 2005, a JAXA fixou un novo lanzamento dun cohete modelo H-2A dende o Centro Espacial de Tanegashima, poñendo un satélite en órbita. A partir do 2005, a JAXA planea realizar as súas propias misións espaciais, incluíndo futuras misións tripuladas a Lúa. No 2003 lanzou a misión chamada Hayabusa co cohete M-V para recoller mostras dun asteroide, chegando ao asteroide na segunda metade do 2005, e volvendo a Terra no 2010. No 2007 lanzou a sonda lunar SELENE. Existen outras misións interplanetarias están prevista para chegar cunha sonda ata Venus, a sonda PLANET-C, e outra a Lúa, a sonda LUNAR-A.
Asemade, a axencia mantén colaborción con outras entidades para o desenvolvemento de proxectos, como no caso da Misión BepiColombo, en colaborción coa ESA.[1]
En 2003, JAXA enviou unha cápsula para recoller mostras dun asteroide. A misión Hayabusa retornou en 2010 só con partículas de po. En 2020, JAXA logrou facer retornar por primeira vez unha cápsula con mostras de asteroides, Hayabusa2.
Centro de propulsión espacial de Kakuda (KSPC) - Deseño dos cohetes espaciais. Traballa de xeito principal no campo dos combustibeis líquidos para motores.
Campo Sagamihara - Deseño de equipo experimental para cohetes e satélites. Tamén posúe edificios administrativos.
Centro espacial Tsukuba (TKSC) - Centro da rede espacial do Xapón. Deseño e desenvolvemento de satélites e cohetes, adícase tamén a monitoreo e control dos satélites. Deseña equipos experimentais para o Módulo do Experimento Xaponés ("Kibo"). A formación de astronautas tamén se fai aquí.