Aestus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aestus
Etapa superior dun Ariane 5. O motor Aestus está na parte inferior do corte.
País de orixeEuropa[1]
Primeiro voo30 de outubro de 1997[1]
FabricanteOttobrunn Space Propulsion Centre
AplicaciónÚltima etapa dos Ariane 5 ES e GS.[1]
EstadoEn produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteTetróxido de nitróxeno[1] / MMH[1]
Taxa de mestura2,05[1]
BombasCircuíto presurizado por helio[1]
Configuración
Taxa da tobeira84[1]
Rendemento
Pulo29 kN[1]
Presión na cámara11,0 bar
Impulso específico324 s[1]
Tempo de acendido1100 segundos (ata cinco reacendidos)[1]
Dimensións
Lonxitude2,20 m[1]
Diámetro1,32 m[1]
Peso seco111 kg[1]
Usado en
Ariane 5 ES, Ariane 5 GS

Aestus é a designación dun motor foguete usado como etapa superior nos foguetes Ariane 5.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O motor Aestus foi desenvolvido entre 1988 e 1995 para ser usado como etapa superior dos foguetes Ariane 5 ES e GS. A versión orixinal do motor non podía reacenderse unha vez apagado, pero a versión ES pode reacenderse para poder poñer en órbita ó ATV.[1]

O motor consome unha mestura bipropelente de MMH (monometil hidracina) e tetróxido de nitróxeno. Foi desenvolvido no Centro de Propulsión Espacial Ottobrunn e o seu primeiro voo operativo tivo lugar o 30 de outubro de 1997, durante o lanzamento do voo 502 do Ariane 5. Entre 1999 e 2002 tivo lugar un programa de mellora do motor. O motor resultante voou por primeira vez o 26 de febreiro de 2004, durante o voo 518 do Ariane 5. Foi entre 2003 e 2007 en que se desenvolveu a capacidade de reacendido do motor para o lanzamento do primeiro ATV, que quedou plenamente demostrado durante o voo inaugural dun ATV no voo 528, o 9 de marzo de 2008.[1]

A cámara de combustión está deseñada en base á refrixeración rexenerativa: o MMH, antes da combustión, presurízase para ser distribuído a través de pequenos condutos que rodean a parede da cámara de combustión e producir unha refrixeración moi efectiva; o MMH entra entón no inxector, que o distribúe uniformemente entre 132 elementos de inxección dentro da cámara de combustión, onde se mestura co tetróxido de nitróxeno e producíndose unha combustión espontánea. Durante a combustión as temperaturas na cámara alcanzan os 3000 K a unha presión de 11 bares[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 Mark Wade (2011). "Aestus" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]