Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía
| Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Parte de
| |||||
|
Posición política
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Número de membros
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA) (en galego: Esquerda Unida Os Verdes-Convocatoria por Andalucía ; EUOV-CA) é unha federación do movemento político e social español Izquierda Unida en Andalucía.
Nas eleccións autonómicas de 2012 obtivo 12 deputados no Parlamento de Andalucía. En xuño de 2013, tras a celebración da súa XIX Asemblea, Antonio Maíllo foi elixido coordinador xeral. En 2013 contaba con 10.000 militantes.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]IULV-CA naceu en 1984 baixo o nome de Convocatoria por Andalucía, tras un proceso de apertura posto en marcha polo PCA a través do Manifiesto de las Amapolas (Manifesto das Papoulas) que formulaba a construción dun programa alternativo para transformar Andalucía.[2]
Partidos creadores
[editar | editar a fonte]- Convocatoria por Andalucía
- Partido Comunista de Andalucía (PCA)
- Colectivo de Unidad de los Trabajadores-Bloque Andaluz de Izquierdas (CUT-BAI)
Organización
[editar | editar a fonte]O máximo órgano de decisión de IULV-CA é a Asemblea Andaluza, que está integrada por unha comisión executiva e os delegados das asembleas de base. A asemblea define a política de IULV-CA e elixe unha parte doutros órganos da federación como son o Consello Andaluz, a Comisión de Arbitraxe e Garantías Democráticas e a Comisión de Control Financeiro, así como ao candidato á presidencia da Xunta de Andalucía.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]
- En 1982, Parido Comunista de Andalucía. En 1986 e 1990 Izquierda Unida-Convocatoria por Andalucía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La mayoría de IU nombra candidato a Antonio Maíllo para substituír a Valderas, SUR.es, 8 de xuño de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 05 de xuño de 2014.