Airbus Helicopters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Airbus Helicopters
Airbus Logo 2017.svg
Tipodivisión
Fundación1992
MatrizAirbus
LocalizaciónMarignane Francia
Industriaaeroespacial
Produtoshelicópteros
Número de empregados23 000
Páxina webairbus.com
editar datos en Wikidata ]

Airbus Helicopters SAS (anteriormente Eurocopter Group) é a división de fabricación de helicópteros de Airbus. É a compañía máis grande da industria en termos ingresos e helicópteros de turbina entregados. A súa sede atópase no aeroporto de Marsella Provenza, en Marignane, Francia, preto de Marsella. As súas principais instalacións atópanse en Marignane e en Donauwörth, Alemaña, con plantas de produción adicionais en Brasil (Helibras), Australia, España e Estados Unidos. A compañía foi renomeada Airbus Helicopters o 2 de xaneiro de 2014.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Airbus Helicopters formouse en 1992 como Eurocopter Group a través da fusión das divisións de helicópteros de Aérospatiale e DASA. A herdanza da compañía remóntase a Louis Blériot e Lioré et Olivier en Francia e a Messerschmitt e Focke-Wulf en Alemaña.[2]

Airbus Helicopters e as compañías predecesoras estableceran unha gran cantidade de fitos na industria dos helicópteos, como o primeiro helicóptero de produción cun turboeixo (o Aérospatiale Alouette II de 1955); a introdución do rotor de cola Fenestron (no Gazelle de 1968); o primeiro helicóptero certificado para voos completos en condicións de xeo (o AS332 Super Puma en 1984); o primeiro helicóptero de produción cun sistema de control fly-by-wire (o NHIndustries NH90); o primeiro helicóptero en usar un control primario fly-by-light (un banco de probas EC135 en 2003); e a primeira aterraxe dun helicóptero no Everest (conseguido por un AS350 B3 en 2005).[3]

Como consecuencia da fusión dos anteriores participantes de Airbus Helicopters en 2000, a firma no presente é unha filial propiedade na súa totalidade de Airbus. A creación do que entón foi chamado EADS en 2000 tamén incorporaba á española CASA, que tamén tiña unha historia relacionada cos helicópteros que se remontaba aos tempos de Talleres Loring, e incluía a montaxe local do Bo105.

No presente Airbus Helicopters ten catro fábricas principais en Europa (Marignane e La Courneuve en Francia, e Donauwörth e Kassel en Alemaña), e outras 32 de filiais e participantes en todo o mundo, como as de Brisbane en Australia, Albacete en España e Grand Prairie nos Estados Unidos.[4]

Dende aproximadamente 2006 Eurocopter estivo involucrado no proxecto do proposto Futuro Helicóptero de Transporte Paneuropeo.[5]

En 2014 había máis de 12 000 aparellos de Airbus Helicopters en servizo con máis de 3 000 clientes de 150 países.[6]

No ano 2019 Airbus Helicopters obtivo 369 pedidos de 161 clientes en 51 países e entregou 332 aparellos, conseguindo o 54% do mercado de halicópteros en todo o mundo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Airbus Helicopters". Airbus Group. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  2. "Helicopters history". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-12-06. 
  3. "First Helicopter Landing on Everest's Summit". National Geographic. 2009-08-02. Consultado o 2020-12-06. 
  4. "Network's interactive map - Airbus Helicopters". web.archive.org. 2014-01-15. Consultado o 2020-12-06. 
  5. "Rüstung: EU beschließt Bau von Helikopter". www.handelsblatt.com (en alemán). Consultado o 2020-12-06. 
  6. "Who We Are - Airbus Helicopters". web.archive.org. 2014-01-14. Consultado o 2020-12-06. 
  7. "Airbus Helicopters maintains global market leader position in 2019". Airbus (en inglés). Consultado o 2020-12-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]