Fenestron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fenestron dun Eurocopter EC135

Un Fenestron é un rotor de cola protexido dun helicóptero operando como un ventilador canalizado. O termo Fenestron é unha marca rexistrada do fabricante de helicópteros multinacional Airbus Helicopters (anteriormente coñecido como Eurocopter). A propia palabra procede do termo occitano para unha fiestra pequena, que á súa vez deriva da palabra latina fenestra (fiestra).[1]

O Fenestron diferenciase dunha cola convencional por estar aloxado integralmente dentro da unidade de cola do helicóptero e, ao igual que un rotor de cola convencional, contrarresta o par do rotor principal. Mentres os rotores de cola convencionais teñen dúas ou catro palas, o Fenestron ten entre oito e dezaoito palas; eses poden ter espazos angulares variables para que o ruído se distribúa a través de diferentes frecuencias.[2] Colocar o ventilador dentro dun conducto ten varias vantaxes sobre un rotor de cola convencional, como a redución de perdas na punta dos vórtices, a redución de ruído, e a proteción do propio rotor de danos de colisión e do persoal de terra dos perigos que ten un rotor tradicional.[1][3]

Foi primeiro desenvolvido para ser usado nun helicóptero operacional da compañía francesa Sud Aviation (agora parte de Airbus Helicopters), sendo adoptado primeiro polo Aérospatiale Gazelle. Dende entón a compañía (e as súas sucesoras) instalaron Fenestrons a moitos dos seus helicópteros.[4] Outros fabricantes tamén fixeron un uso limitado do Fenestron nalgúns dos seus propios produtos, como o Kamov Ka-60, o Boeing-Sikorsky RAH-66 Comanche ou o Kawasaki OH-1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Fenestron Turns 50". AINonline. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  2. Corda 2017, pp. 33-34
  3. Leishman 2006, p. 324
  4. "History of the fenestron". Airbus Helicopters. Consultado o 12 de novembro de 2018. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Corda, Stephen. Introduction to Aerospace Engineering with a Flight Test Perspective. John Wiley & Sons, 2017. ISBN 1-1189-5338-X.
  • Leishman, Gordon L. "Principles of Helicopter Aerodynamics." Cambridge University Press, 2006. ISBN 0-5218-5860-7.