Eurocopter AS350 Écureuil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eurocopter AS350 Écureuil
Aerospatiale AS 350 EC-IYQ 01.jpg
AS350 cargando auga na lagoa de Castiñeiras
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteAérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters, Helibras
Primeiro voo27 de xuño de 1974
Introducido1975
Produción1975-presente
VariantesEurocopter AS355 Écureuil 2

O Eurocopter AS350 Écureuil (no presente Airbus Helicopters H125) é un helicóptero utilitario lixeiro dun motor orixinalmente deseñado e fabricado en Francia por Aérospatiale e Eurocopter (no presente Airbus Helicopters). En Norteamérica o AS350 é comercializado como AStar. O AS355 Ecureuil 2 é unha variante de dous motores, comercializada en Norteamérica como TwinStar. O Eurocopter EC130 é un derivado da célula do AS350 e está considerado polo fabricante parte da familia do Écureuil dun só motor.[1]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A comezos dos anos 70 Aérospatiale decidiu iniciar un novo programa de desenvolvemento para producir un substituto axeitado para o vello Aérospatiale Alouette II.[2] Mentres o Aérospatiale Gazelle, desenvolvido entre os 60 e 70, conseguira numerosos pedidos de clientes militares, as súa vendas comerciais foran menores das previstas, así que se necesitaba un novo helicóptero orientado ao uso civil.[2]

O desenvolvemento do novo helicóptero, que foi liderado polo enxeñeiro xefe René Mouille, centrouse na produción dun vehículo aéreo econímico e efectivo, así tanto o departamento de fabricación como o de adquisicións de Aérospatiale estiveron moi involucrados no proceso de deseño.[2] Unha medida foi o uso dunha estrutura laminada, unha técnica de fabricación adaptada da industria automobilística; outra innovación foi o novo rotor principal Starflex. Tamén decíuse que tanto a variante civil como a militar do novo helicóptero helicopter desenvolveríase para cumprir cos requisitos militares establecidos.[2]

O 27 de xuño de 1974 o primeiro prototipo, un AS350 C impulsado por un motor turboeixo Lycoming LTS101, realizou o seu voo de estrea en Marignane, Francia; o segundo prototipo, con motor Turbomeca Arriel 1A, voou o 14 de febreiro de 1975.[2][3] A versión co motor Arriel, o AS350B, destinado a venderse en todo o mundo agás en Norteamérica, foi certificada en Francia o 27 de outubro de 1977, mentres que a do Lycoming, AS350C (ou AStar), foi certificada pola Administración Federal de Aviación estadounidense o 21 de decembro dese ano. En marzo de 1978 comezaron as entregas do AS350B, e as do AS350C iniciáronse no mes seguinte.[4]

Co tempo, o AS350 Écureuil/AStar recibiu un maior desenvolvemento; mentres que o deseño do aparello é bastante similar, varios aspectos e sistemas como o rotor, o motor e a aviónica foron mellorados progresivamente. O 6 de febreiro de 1987 un prototipo AS350 B2 voou cun rotor de cola fenestron en lugar do normal. O 1 de marzo de 1997 o primeiro AS350 B3, equipado cun motor Arriel 2B, realizou o seu voo de estrea.[2] Producíronse e ofrécense varios programas de conversión e engadidos para o AS350 por parte de distintas firmas ademais dos dispoñibles directamente polo fabricante. Introducíronse progresivamente novas variantes do AS350B con motor Arriel, o AS350 B1, o AS350 B2, e o AS350 B3; o último diferenciase dos anterores por un maior uso de sistema dixitais, como o conxunto de aviónica Garmin G500H e un sistema de control do motor FADEC.

Antes de 2013 o tipo era fabricado principalmente nas instalacións de Eurocopter en Marignane, preto de Marsella; Eurocopter optou, como parte dun movemento para dispersar as súas actividades de produción de helicópteros, por comezar a fabricar o AS350 na súa fábrica de Columbus, Mississippi para as súas entregas no mercado estadounidense. O Astar foi o produto de Eurocopter máis vendido no mercado comercial estadounidense, chegando nalgún momento a vender case un helicóptero por día.[5][6] En marzo de 2015 o primeiro AS350 B3e construído en Columbus recibíu a súa certificación da FAA. No mes de decembro Airbus Helicopters informou da súa decisión de dobñar o ritmo de fabricación do AS350 en Columbus en 2016 e que a instalación era capaz de producir 65 aparellos por ano.[7]

Deseño[editar | editar a fonte]

O AS350 é un helicóptero monomotor impulsado por un motor Lycoming LTS101 ou un Turbomeca Arriel que acciona un rotor principal de tres palas equipado cunha cabeza de rotor Starflex. O tipo é ben coñecido polo seu rendemento a gran altitude e é usado con frecuencia por operadores neses ambientes. Tanto o rotor principal como o de cola usan materiais compostos e están deseñados deliberadamente para minimizar a corrosión e os requisitos de mantemento.[8] O AS350 tamén foi desenvolvido para cumprir os rigorosos requisitos de ruído existentes en lugares como os parques nacionais; os niveis de ruído na cabina son tales que os pasaxeiros poden conversar facilmente durante o voo. A aeronave tamén pode iniciarse e apagarse rapidamente, o cal é moi útil en servizos de emerxencias médicas.[8] Está equipado con controis de voo con asistencia hidráulica; estes controis continúan operativos, aínda que funcionan con maior dificultade física, en caso de fallo hidráulico.[9]

Gran parte da aviónica do AS350 está subministrada por Garmin, como o indicador de desviación de curso GI 106A, o localizador/indicador de deslizamento/receptor GPS/VHF/VOR GNS 430, o transpondedor modo A e C GTX 327, e o intercomunicador GMA 340H.[8] A Pantalla Multifunción de Vehículo e Motor (VEMD) e o Indicador de Primeiro Límite (FLI) serven para incrementar a seguridade do aparello durante o voo, reducindo o número de indicadores que deben ser monitoreados polo piloto e así reducindo a súa carga de traballo.[10] Para unha maior suavidade no voo, o que afecta positivamente ao confort dos pasaxeiros e tamén á seguridade, pódense instalar sistemas de aumento de estabilidade. Os avións de produción máis recentes presentan novos sistemas de aviónica e sistemas como a integración dun Sistema de Control de Voo Automático (AFCS) e piloto automático, unha cabina de cristal con tres pantallas de cristal líquido (LCDs) e aviónicas dixitais, como o sistema de mapeo do terreo de visión sintética e a consola central Multibloc de Airbus sobre a que se poden montar varias radios.[11]

O AS350 demostrou ser popular nunha ampla gama de roles; así, poden usarse múltiples configuracións de cabina, con entre catro e seis pasaxeiros nunha configuración típica, e grandes portas corredeiras poden instalarse a cada lado da cabina. Nas frotas dalgúns operadores o mobiliario da cabina foi deseñado para permitir a reconfiguración do espazo e/ou o equipamento para que os aparellos poidan usarse en distintos roles. Operadores de servizos públicos, como forzas policiais, as those in law enforcement, adoitan a ter instaladas cámaras de infravermellos (FLIR) e outros sistemas de misión instalados nas súas aeronaves. Outro equipamento opcional ofertado inclue enlace de datos en tempo real, guindastres de rescate, ganchos de carga colgantes, espellos eléctricos externos, reflectores, consolas tácticas, compatibilidade con lentes de visión nocturna, sistema de mapas móbiles, amarres internos na cabina, segundo conxunto de batería, filtros de area, sistema de protección de golpes contra cables, radio de catro canles, arco do rotor de cola, fiestras no chan da cabina e asentos extraíbles.[10]

Os aparellos modernos teñen varias melloras con respecto aos modelos máis antigos; entre eses cambios inclúense motores equipados con sistema FADEC de dobre canle, un incremento no uso de aviónica dixital na cabina de mando, menos custos de mantemento, unha cabina redeseñada ou un cómodo interior Stylence (opcional).[10] Os aparellos máis antigos a miúdo sofren programas de remodelación para instalar funcións de mercado secundario, ou para a adición de funcionalidades comúns ás aeronaves de produción máis novas, como a instalación da cabina de cristal.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Final Report: Eurocopter AS350 Ecureuil/Single Engine Family, Revision 4" (PDF). EASA. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "1974 : ecureuil helicopter, fennec helicopter - Eurocopter, an EADS company". 2015-12-26. Consultado o 2018-11-17. 
  3. Jackson 2003, p. 244
  4. Taylor 1982, p. 56
  5. "French Unions Dislike Eurocopter’s U.S. AS350 Plan". aviationweek.com (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  6. "Eurocopter to assemble AS350 aircraft in Mississippi". UPI (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  7. "Airbus aims to ramp up H125 production in Mississippi - Vertical Magazine". Vertical Magazine (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "The AS350 — Versatility and Power - Rotor & Wing International". Rotor & Wing International (en inglés). 2007-06-01. Consultado o 2018-11-20. 
  9. "AS350: Hydraulics Out? Fly the Procedure - Rotor & Wing International". Rotor & Wing International (en inglés). 2007-06-01. Consultado o 2018-11-20. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "H125 Civil" (PDF). Airbus Helicopters. Consultado o 2018-11-20. 
  11. 11,0 11,1 "Eurocopter’s Helibras Subsidiary to Modernize 36 AS350 Ecureuil Helicopters Operated by the Brazilian Army Aviation Command". www.helicoptermaintenancemagazine.com (en inglés). Consultado o 2018-11-20. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jackson, Paul. Jane's All The World's Aircraft 2003-2004. Coulsdon, Surry, UK: Jane's Information Group, 2003. ISBN 0-7106-2537-5.
  • Taylor, John W. R. Jane's All The World's Aircraft 1982-83. Londres: Jane's Yearbooks, 1982. ISBN 0-7106-0748-2.