Turboeixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diagrama esquemático dun turboeixo

Un motor turboeixo é unha forma de turbina de gas optimizada para producir potencia de eixo no lugar de impulso de chorro.

En concepto, os motores turboeixo son moi semellantes aos turborreactores, cunha expansión adicional da turbina para extraer a enerxía térmica do escape e convertela en potencia de eixo de saída. Son incluso máis semellantes aos turbohélices, con só diferenzas menores, e un mesmo motor é ás veces vendido das dúas formas.

Os motores turboeixo úsanse comunmente en aplicacións que precisan unha alta potencia de saída sostida, alta fiabilidade, pequeno tamaño, e pesos lixeiros. Entre estas están os helicópteros, unidades de potencia auxiliares, barcos, carros de combate, hovercrafts e equipos estacionarios.