Airas Moniz de Asma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airas Moniz de Asma
Lugar de nacementoGalicia
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Airas Moniz de Asma foi un trobador galego do último terzo do século XII e primeiro terzo do século XIII. Pertence á primeira etapa da lírica galego-portuguesa.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Carolina Michaelis propuxo a súa orixe portuguesa, concretamente por un topónimo parecido ao sobrenome Asme. Con todo, estudos posteriores sitúan o topónimo Asme en Galicia, polo que era coñecida a zona de Chantada. António Resende de Oliveira identifícao cun Arias Nuni de Asma documentado nun testamento de 1224. Xosé Antonio Souto Cabo identifícao co cabaleiro Airas Moniz de Asma, tenente en 1219 do castelo de Alva na localidade ourensá de Amoeiro.[2]    

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse dúas cantigas de amor.[3] É o primeiro autor que aparece no Cancionero da Biblioteca Nacional.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-01. 
  2. 2,0 2,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]