Acedía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dicologlossa cuneata
Acedía
Dicologlossa cuneata.JPG
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Dicologlossa
Especie: D. cuneata
Nome binomial
Dicologlossa cuneata
(Moreau, 1881) [1]

Dicologlossa cuneata, (Moreau 1881) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como acedía.[2]

Trátase dun pequeno linguado, de até 30 cm de lonxitude como máimo, que habita en s fondos mariño areosos ou lamacentos entre os 10 e os 450 m de profundidade, nas costas do Atlántico oriental (desde o mar do Norte e as illas Británicas até o cabo da Boa Esperanza) e no mar Mediterráneo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por pimeira vez en 1881 polo ictiólogo francés Émil Moreau, baixo o nome de Solea cuneata.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo foi coñecida polos sinónimos:[1]

  • Dicologoglossa cuneata (Moreau, 1881)
  • Solea angulosa Kaup, 1858
  • Solea cuneata Moreau, 1881 (nome orixinario)
  • Solea senegalensis mbaoensis Pellegrin, 1907

Caractarísticas[editar | editar a fonte]

As proncipais características morfolóxicas desta especie son:[3]

  • Corpo oval, moi alongado, de até os 30 cm de lonxitude.
  • Cabeza co fociño pouco saínte, de contorno arredondado ou subtruncado.
  • Ollos bastante arredondados, o superior máis adiantado que o inferior.
  • Narina anterior do lado pigmentado curta, e inserida ao nivel da marxe anterior do ollo dorsal, e a do lado cego, curta, cilíndrica e non dilatada distalmente.
  • A aleta dorsal orixínase ao noivel da marxe anterior do ollo dorsal. A pectoral é asimétrica. E a caudal, arredondada.
  • A aleta pectoral do lado pigmentado está bastante desenvolvida, e presenta unha mancha negra que non chega á súa extremidade posterior, a diferenza dos linguados. Esta aleta ten unha forma triangular aguda, xa que os seus dous primeiros raios son máis longos que os outros.
  • As escamas son ctenoides en ambos os lados do corpo, co bordo libre anguloso e provisto de dentes.
  • A coloración é agrisada nos individuos novos, e apardazada co manchas escuras nos adultos.

As principais crcterísticas que a dioferenciasn doutras epecies de linguados, como, por exeplo o linguado común, son:

  • A liña lateral está formada por entre 105 e 132 escamas tubulares, contra as entre 116 e 163 do linguado común. Ademais, esta liña mostra unha marcada curva cara á cabeza na área supratemporal, mentres que está máis suavemente curvada en Solea solea.[4]
  • Outras diferenzas anatómicas entre ambas as especies son a posición do ollo migratorio,[5] e o número de vértebra: Dicologlossa cuneata ten de 43 a 45, mentres que Solea solea ten de 49 a 52. [4]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat

Vive sobre fondos areosos e fangosos de entre os 10 e os 450 m de profundidade.

Distribución xeofráfica

Distribúese polas costas do Atlántico oriental, desde o mar do Norte e as illas Británicas até o cabo da Boa Esperanza, e no mar Mediterráneo,[6]

Porén, a maior concentración das súas poboacións prodúcese desde o golfo de Biscaia até o Mediterráneo e o noroeste de África.[4] [7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Acedías na praza de abastos de Santiago de Compostela.
Acedías fritas nun resaurante de Chipiona, Cádiz.
Nutrición

Aliméntase primncipalmente de crustáceos, vermes poliquetos e moluscos bivalvos.[3]

Reprodución

A desova prodúcese entre os meses de maio a setembro.[3]

Pesca e gastronomía[editar | editar a fonte]

O tamaño mínimo legal para a súa captura en Galicia é de 15 cm.[8]

É nos meses máis fríos do ano cando se captura en abundancia.[Cómpre referencia]

A súa carne é branca, fina e magra, e o consumidor non ten ningunha dificultade para eliminar os bordos espiñentos.

En Francia, este peixe é unha especialidade dos portos pesqueiros de La Cotinière, na illa de Olerón, e de Royan, en Charente Marítimo.[4]

É moi popular en Galicia, e moi consumido en Andalucía, onde de come en xeral frito. O que se onsome en Andlucía procede en xeral de capturas procedentes sobre todo do Atlántico sur, xa que esta especie prefire un clima subtropical, aínda que tamén é abundante en Galicia e no Mediterráneo. A desembocadura do Guadalquivir é un importante hábitat desta especie, e o principal porto español a onde chega é Sanlúcar de Barrameda.[7]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A UICN avaliou o status da especie en 2014 como LC (pouco preocupante) en razón á súa ampla distribución; e a pesar de que se captura a escala comercial nas costas de España, a súa poboación vai en aumento na parte norte da súa área de distribución. Porén, o control das súas capturas, segundo esta organiación, é necesario para asegurar que non se teña que considerar no futuro como ameazada.[9]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia a pesenza desta especie foi rexistrada en 1967 por F. Lozano Cabo en "Los peces planos (Pleuronectiformes) de interés para la industria española pesquera", Pub. Téc. Junt. Est. Pes. 6: 195-235.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dicologlossa cuneata (Moreau, 1881) no WoRMS.
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Villanueva et al. (1992), pp. 308-309.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Forest, A. (1975).
  5. O ollo que migra durante o desenvolvemento larvario para unirse ao outro ollo no mesmo lado da cabeza.
  6. AquaMaps for Dicologlossa cuneata (Year 2050 range) en Encyclopedia of Life.
  7. 7,0 7,1 García-Isarch et al. (2003).
  8. DOGA nº 226 de 27 de novembro de 2012, Orde de 27 de xullo de 2012 pola se que regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade autónoma de Galicia.
  9. Dicologlossa cuneata na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acedía Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]