Saltar ao contido

Solea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Solea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, que é o tipo da familia dos soleidos,[1] propios dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico leste, e do mar Mediterráneo, coñecidos como linguados (ou linguados verdadeiros).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi creado en 1806 polo naturalista sueco Conrad Quensel.[1]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo:[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Solea vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).[2]

Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, as seguintes 10 especies:[1]

Porén, algúns autores reducen o número de especies. Por exemplo, a EOL só admite catro: Solea aegyptiaca, S. ovata, S. senegalensis e S. solea.[4] E en FishBase non se admite Solea indica, por ser unha especie dubidosa.[5] E outros, non consideran esta, pero si a Solea fulvomarginata Gilchrist, 1904,[6] que o WoRMS identifica con Barnardichthys fulvomarginata (Gilchrist, 1904).

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Solea Quensel, 1806 no WoRMS.
  2. Online Etymology Dictionary.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
  4. Solea Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. na EOL.
  5. Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Solea en FishBase
  6. Solea Quensel, 1806 no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]