Saltar ao contido

Silaxínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silaxínidos
 Nome taxon
    Sillaginidae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdePerciformes
FamiliaSillaginidae Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 55 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/027k795 Editar o valor en Wikidata
ITIS168526 Editar o valor en Wikidata
OTT1089734 Editar o valor en Wikidata
CoL626XX Editar o valor en Wikidata
EOL5204 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os silaxínidos ( Sillaginidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, distribuídos polo océano Índico e a costa oeste do Pacífico.

Características

[editar | editar a fonte]

Posúen un corpo moi alongado, con tamaños máximos duns 45 cm, cuberto de pequenas escamas. A boca é pequena e terminal. Teñen dúas aletas dorsais, separadas ou non, a primeira con 9-12 espiñas e a segunda cunha espiña afiada e 16-26 radios brandos. Aleta anal alongada e oposta á segunda dorsal, con 2 espiñas e 15-27 radios brandos. As ventrais insírense á mesma altura cás pectorais ou algo atrasadas. Caudal algo fendida.

Son especies bentónicas que se alimentan de organismos do fondo mariño. Algunhas especies críanse en establecementos de acuicultura, en estuarios.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en 3 xéneros, con 31 especies:

  • Xénero Sillaginodes
  • Xénero Sillaginopsis
  • Xénero Sillago

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]