Oléron
Illa de Oléron | |
---|---|
![]() | |
![]() Mapa da illa de Oléron | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | océano Atlántico |
Coordenadas | 45°53.59′N 1°18′O / 45.89317, -1.300Coordenadas: 45°53.59′N 1°18′O / 45.89317, -1.300 |
Xeografía | |
Superficie | 175 km² km² |
Punto máis alto | 34 m. |
Demografía | |
Poboación | 20.009 hab. (2009) |
Lingua propia | Francés |
A Illa de Oléron (en francés: Île d'Oléron) é unha illa do Atlántico na costa oeste de Francia. Trátase da segunda maior illa da Francia metropolitana, por detrás de Córsega.
Historia[editar | editar a fonte]
No século sétimo e oitavo, xunto con Ré, formou o Vacetae Insulae ou illas Vacetian. Vaceti era outro nome para os vascóns.
Foi en Oléron entre 1152 e 1160 que Leonor de Aquitania introduciu o primeiro dereito marítimo nesa parte do mundo. En 1306, Eduardo I de Inglaterra concedeu a illa ao seu fillo, Eduardo II, como parte do ducado de Aquitania.[Cómpre referencia]
O 20 de marzo de 1586, a illa foi tomada por Agrippa d'Aubigné.[Cómpre referencia]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Trátase dunha fértil e ben cultivada illa na costa atlántica de Francia, que se atopa no Golfo de Biscaia. Ten 34 Km de longo por 15 de ancho e un relevo relativamente plano cunha cota máis alta de 34 metros. En total suman 175 km² nos que se agrupan 20.009 habitantes[cando?] repartidos en oito comunas e dous cantóns (du Château-d'Oléron e de Saint-Pierre-d'Oléron).
Desde o 19 de marzo de 1966 está unida ao continente por unha ponte de 2.862 m (o segundo máis longo deste tipo en Francia, por detrás do da illa de Ré[Cómpre referencia]).
Forma xunto ás marismas de Marennes a zona ostrícola de Marennes-Oléron.
O clima é xeralmente tépedo (clima tépedo marítimo), con choivas suficientes pero non excesivas e de 3 a 15 días de intensa calor nos meses estivais de xullo e agosto, na súa maioría agrupados.
Administración[editar | editar a fonte]
Administrativamente, a illa pertence á Charente Marítimo, departamento na rexión de Poitou-Charentes. Está dividida en 8 comunas:
- La Brée-les-Bains
- Le Château-d'Oléron
- Dolus-d'Oléron
- Le Grand-Village-Plage
- Saint-Denis-d'Oléron
- Saint-Georges-d'Oléron
- Saint-Pierre-d'Oléron
- Saint-Trojan-les-Bains
Transporte[editar | editar a fonte]
Desde 1966, esta conectada ao continente por unha ponte. Cunha lonxitude de 2.862 m entre os alicerces, foi a ponte máis longa de Francia no momento da construción. Agora é a terceira, logo da Ponte de Saint-Nazaire e a Ponte da illa de Ré.[Cómpre referencia]
Turismo[editar | editar a fonte]
Como grande illa do Atlántico a só 3 quilómetros da costa aquitana de Francia, Oléron é un popular destino turístico. Hai fermosas praias, o surf e montar da cabalo son actividades destacadas e hai moitos edificios interesantes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Oléron". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santa María, I.; Massó, N. (2009). "I. de Oléron". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 133; B1. ISBN 978-84-8289-328-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sito web da oficina de turismo Oléron (en francés)