Saltar ao contido

Ourizo de mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourizo de mar
Echinoidea
Nathanael Gottfried Leske (pt) Traducir 1778 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Taxon homónimo
Códigos e identificadores
Freebase/m/0hhnm Editar o valor en Wikidata
MeSHD012617 Editar o valor en Wikidata
CIE-11394123148 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776908312 Editar o valor en Wikidata
ITIS157821 Editar o valor en Wikidata
OTT669472 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O ourizo de mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase Echinoidea dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel"). Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5 000 metros de profundidade.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Recoñécense por teren un aspecto máis ou menos esférico e estaren recubertos de espiñas. A única parte que está exenta de espiñas é a boca, que está situada na parte inferior da esfera, a cal leva a rentes do chan.

Ten un esqueleto calcario, de calcio, moi duro e que queda descuberto cando o animal morre.

Como medio de locomoción emprega as espiñas, as cales son móbeis.

Sexualidade

[editar | editar a fonte]

Tódolos equinodermos son dioicos: existen un macho e unha femia diferenciados. O macho posúe pugas longas, delgadas e agudas, mentres que a femia tenas curtas e romas.

Píldora raiada comendo un ourizo do mar.
  1. "Animal Diversity Web - Echinoidea". University of Michigan Museum of Zoology. Consultado o 9 de marzo de 2013.