Saltar ao contido

Atún de aleta amarela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras especies diferentes, ver artigo Túnidos
Atún de aleta amarela
Thunnus albacares
Pierre Joseph Bonnaterre 1788 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
T. albacares Editar o valor en Wikidata
Conservación
Localización
 Área de distribución
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopterygii
OrdePerciformes
FamiliaScombridae
XéneroThunnus
EspecieT. albacares
Identificadores
Freebase/m/03gy9m Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779656528 Editar o valor en Wikidata
UNII4YU1RZ9141 Editar o valor en Wikidata
ITIS172423 Editar o valor en Wikidata
OTT833188 Editar o valor en Wikidata
UICN21857 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata C:Commons

O atún de aleta amarela ou atún amarelo[1] (Thunnus albacares) é un peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Atún de aleta amarela [2]

Trátase dunha especie cunha morfoloxía semellante á dos outros túnidos, máis estilizado co atún vermello ou co patudo. Caracterízase pola lonxitude da segunda aleta dorsal e da aleta anal, moito máis longas que nas outras especies; estas aletas son de cor amarela brillante e a esta cor débelle o nome esta especie. As aletas pectorais son de tamaño medio: alcanzan o nacemento da segunda dorsal pero non chegan a supera-la súa base. As pínnulas son de cor amarela limón, co bordo negro.

Mostra no dorso, de cor azul escuro, metálico, unhas bandas laterais amareladas. Os lados, por baixo da liña lateral, e o ventre son de cor gris prateado, con raias case verticais finas ou puntos formando fileiras. Estes debuxos son máis evidentes nos exemplares novos.

Alcanza unhas dimensións de 2 metros (cun máximo rexistrado de 239 cm), sendo máis habituais talles desde os 40 cm ata 1,5 m. O peso máximo rexistrado foi de 200 kg.

Posúen vexiga natatoria e no fígado non mostra estrías.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

O atún de aleta amarela é de distribución cosmopolita. Habita preferentemente as augas tropicais (entre os 15ºN e os 15ºS), aínda que poden estenderse a áreas subtropicais. Non entra no mar Mediterráneo. Os exemplares máis novos desprázanse sempre en augas superficiais, mentres que os adultos nadan a maior profundidade (sen supera-los 250 metros). Resulta habitual observar mestura con outras especies de túnidos en grandes bancos mixtos.

Chegan á madurez sexual xa con talles duns 40 cm, e a desova prodúcese ó longo de todo o ano, se ben maioritariamente nos meses de primavera e verán, especialmente no golfo de Guinea e no de México. Alcanzan idades máximas de 9 anos.

Aproveitamento pesqueiro

[editar | editar a fonte]

Considérase un único stock que se despraza por todo o Atlántico: os exemplares novos nacidos en Guinea migran ás costas americanas para regresar a desovar a África ó alcanzaren a madurez sexual.

O mesmo que acontece co atún listado, asóciase con frecuencia a bancos de peixes superficiais ou calquera obxecto flotante, o que aproveitan os barcos do cerco para a súa pesca (no Atlántico e no Índico). En Galicia non é obxecto de pesca, pero captúrase accidentalmente nos palangres dispostos para o peixe espada.

Consómese principalmente en conserva, pero tamén en fresco ou afumado. Resulta moi valorado para elaborar saximi.

  1. En castelán rabil; en inglés, yellowfin.
  2. Debuxo de Robbie N. Cada (FishBase).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Comité Permanente de Investigacións e Estatísticas da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA) (sen data): Glosario de términos pesqueros .
  • MARCH, Lourdes (1993): La cesta de la compra. Alianza Editorial, Madrid.
  • MUUS, B.J. e DAHLSTRÖM, P. (1981): Guía de los peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Ediciones Omega S.A., Barcelona.
  • ZUDAIRE, Maite e YOLDI, Gema (2005): Pescados y mariscos. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]