Conversa:Acedía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome desta páxina[editar a fonte]

Considero que o nome deste páxina debería cambiarse polo de Dicologlossa cuneata polas seguintes razóns:

  • Hai varias especies de peixes (como Ammodites tibianus) e doutros animais mariños, como un camarón, que reciben este nome.
  • O nome Areeiro que se lle deu en anteriores edicións é posíbel que se tomara do Vocabulario multilingüe de organismos acuátcos de Lahuerta e Vázquez;[1] en calquera caso, estes autores designan con este nome tanto a esta especie como a Pegusa lascaris.[1]
  • O dicionario da Real Academia Galega dá o nome de areeiro a esta segunda especie.[2]

No caso de que se acepte o cambio, tamén cumpriría cambiar a redirección Dicologlossa cuneata.

--XoioÉche o que hai 11 de agosto de 2015 ás 14:53 (UTC)[responder]

  1. 1,0 1,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 85.
  2. areeiro, 5ª acep. no dicionario da RAG.

Ligazóns externas modificadas (decembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Acedía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de decembro de 2018 ás 05:30 (UTC)[responder]