Eufausiáceos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Krill")
Eufausiáceos
Euphausiacea
Meganyctiphanes norvegica (Krill ártico)
Meganyctiphanes norvegica (Krill ártico)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Superorde: Eucarida
Orde: Euphausiacea
Dana, 1852
Familias e Xéneros
Véxase o texto
Euphausia superba (Krill antártico).

A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.[1]

Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués krill, que significa "peixiños fritidos",[1][2] que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.

Son parecidos externamente aos camaróns, duns de 3 a 5 cm de lonxitude, e moi abundantes en todas as augas que circundan as zonas polares. Aliméntanse fundamentalmente con algas do fitoplancton. Á súa vez son o alimento fundamental de numerosas especies de peixes e tamén dos misticetos. Unha rotura na cadea alimenticia, da cal o krill forma parte, podería ter consecuencias catastróficas en termos ecolóxicos. O krill é, pois, un elemento estratéxico na bioloxía dos mares fríos, constituíndo quizais un dos elos máis importantes da rede trófica.

Clasificación: familias e xéneros[editar | editar a fonte]

Segundo o WoRMS, a orde está constituída por dúas familias,[3] cos xéneros que se indican a continuación:

Orde Euphausiacea Dana, 1852

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 KRILL s.m. Conxunto de crustáceos planctónicos, que viven en grandes concentracións nas augas frías e que son o principal alimento de moitos peixes e cetáceos. ETIM. noruego krill 'peixe pequeno fritido'. Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo II. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  2. "Krill". Online Etymology Dictionary. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  3. Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS.
  4. Euphausiidae Dana, 1852 no WoRMS.
  5. Bentheuphausiidae Colosi, 1917 no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.