Edificio da Axencia Europea do Medio Ambiente en Copenhague.
A Axencia Europea do Medio Ambiente (en inglés: European Environment Agency; EEA) é a axencia da Unión Europea que achega información independente sobre o medio ambiente. A súa misión é a recollida, elaboración e difusión de información sobre a situación e a evolución do medio ambiente a escala europea.
Publica catro tipos de informes, entre os cales salientan os «Indicadores ambientais», considerados a principal contribución da Axencia. Os principais eidos de traballo da AEMA son o cambio climático, a biodiversidade e a produción e consumo sostible, aínda que a área de actividade abrangue un amplo espectro en liña cos principais retos ambientais europeos.
No ano 2002, 12 dos países candidatos a ingresar na Unión Europea entraron a formar parte deste organismo, co cal a Axencia converteuse no primeiro organismo da UE en acoller estes países como membros. O consello de administración da Axencia nomeou a británica Jacqueline McGlade como directora executiva no ano 2004. Con anterioridade ocupou este cargo o ambientalista español Domingo Jiménez Beltrán, que foi o primeiro director da institución.