John le Carré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
John le Carré
John le Carre.jpg
Nome completoDavid John Moore Cornwell e דייוויד ג'ון מור קורנוול
AlcumeJohn le Carré
Nacemento19 de outubro de 1931
 Poole
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Alma máterLincoln College, Sherborne School, Universidade de Berna e St Andrew's School
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, produtor de cine, actor e espía
NaiOlive Moore Cornwell
FillosNick Harkaway
IrmánsCharlotte Cornwell e Rupert Cornwell
Coñecido/a porO Espião Que Saiu do Frio (livro), Tinker Tailor Soldier Spy, The Honourable Schoolboy, Smiley's People, The Constant Gardener, Call for the Dead, A Small Town in Germany, The Little Drummer Girl, O Canto da Missão, A Most Wanted Man, The Night Manager, Our Kind of Traitor, A Delicate Truth, O Alfaiate do Panamá, Single e Single, Amigos Absolutos, The Looking Glass War e Our Game
PremiosJames Tait Black Memorial Prize, Edgar Award, Prémio Somerset Maugham, Martin Beck Award, Cartier Diamond Dagger, Helmerich Award, Dagger of Daggers, Goethe Medal, doutor honoris causa pola Universidade de Berna e Commandeur des Arts et des Lettres‎
John le Carré signature.png
editar datos en Wikidata ]

John le Carré, cuxo auténtico nome é David John Moore Cornwell, nado en Poole, Reino Unido, o 19 de outubro de 1931, é un novelista británico, especializado en relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época da Guerra fría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Berna e Oxford e foi profesor na de Eton entre 1956 e 1958. Pertenceu ao corpo diplomático británico entre 1960 e 1964. O final da Guerra fría levoulle a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento da Unión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axente Smiley, son complexos e turbios, o máis oposto ao axente 007 de Ian Fleming. Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.

Obra[editar | editar a fonte]