1972
Aparencia
1972 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1972 MCMLXXII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2725 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1421 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4668 – 4669 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5732 – 5733 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2027 – 2028 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1894 – 1895 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5073 – 5074 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1350 – 1351 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1392 – 1393 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2222 | ||||||||||||||||||
|
1972 (MCMLXXII) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano. Foi declarado Ano Internacional do Libro pola Organización das Nacións Unidas.
No contexto do Tempo Universal Coordinado (UTC), foi o ano máis longo da historia, xa que se engadiron dous segundos bisestos durante este ano de 366 días, un evento que non se repetiu dende entón (se o seu inicio e fin se definen utilizando o tempo solar medio [a escala de tempo legal], a súa duración foi de 31622401,141 segundos de Tempo Terrestre (ou Tempo de efemérides), que é un pouco máis curto que 1908).
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 4 de xaneiro - Rose Heilbron convértese na primeira xuíza do Reino Unido.
- 30 de xaneiro - 13 mortos nos sucesos do Domingo Sanguento en Irlanda do Norte.
- 2 de febreiro - Inauguración en Sapporo (Xapón) dos Xogos Olímpicos de Inverno.
- 7 de febreiro - O cardeal Vicente Enrique y Tarancón elixido presidente da Conferencia Episcopal Española.
- 21 de febreiro - Richard Nixon visita China, sendo a primeira visita oficial dun presidente de Estados Unidos a este país.
- 3 de marzo - Lanzamento de Pioneer 10 cara Xúpiter e o espazo interestelar.
- 1 de abril - Anastasio Somoza dimite como presidente de Nicaragua.
- 16 de abril - Lanzamento do Apolo 16 cara a Lúa.
- 17 de xuño - Estados Unidos: rexistro ilegal da sede do Partido Demócrata no Hotel Watergate
- 31 de xullo - A Universidade de El Salvador intervida militarmente, violando a autonomía, capturando e desaparecendo a moitos estudantes.
- 5 de setembro - Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic. O grupo terrorista Setembro Negro asasina a once integrantes do equipo olímpica de Israel durante a XX edición dos Xogos Olímpicos de Verán.
- 13 de outubro - Estrélase nos Andes o avión que transporta un equipo de rugby uruguaio.
- 4 de decembro - Un policia nacional mata en Santiago de Compostela ao estudante de Medicina da USC José María Fuentes Fernández.
- 11 de decembro - A misión Apolo 17 aluniza no val de Taurus, xunto ao cráter Littrow, na última visita do home á Lua.
- 16 de decembro - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 1.
- 22 de decembro - Son rescatados os 16 superviventes dun avión accidentado 70 días antes na Cordilleira dos Andes con 45 persoas a bordo.
- 23 de decembro - Nicaragua: Un terremoto destrúe Managua, e causa máis de 6.000 mortos.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 11 de xaneiro - Amanda Peet, actriz americana.
- 29 de febreiro - Pedro Sánchez Pérez-Castejón, presidente do Goberno de España (2018-presente).
- 31 de marzo - Alejandro Amenábar, director de cine chileno-español.
- 24 de maio - Nadja Uhl, actriz alemá.
- 23 de xuño - Zinedine Zidane, futbolista francés.
- 8 de setembro - Marcos Serrano, ciclista galego.
- 23 de setembro - Galit Gutmann, modelo, actriz e presentadora de televisión israelí.
- 17 de outubro - Eminem, músico estadounidense.
- 25 de outubro - Rosa Cedrón, cantante e violonchelista galega.
- 1 de novembro - Toni Collette, actriz australiana.
- 4 de novembro - Luís Figo, futbolista portugués.
- 20 de decembro - Marc Silk, actor inglés.
- 29 de decembro - Jaromír Blažek, futbolista checo.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Maurice Chevalier, cantante e actor francés.
- 9 de xaneiro - Fuco Gómez, escritor e político galego (n. 1895).
- 22 de xaneiro - Miguel Gustavo, xornalista, locutor de radio e compositor brasileiro (n. 1922).
- 26 de xaneiro - Harry S. Truman, presidente estadounidense.
- 28 de xaneiro - Dino Buzzati, escritor e xornalista italiano.
- 31 de xaneiro - Xosé Velo, político galego (n. 1916).
- 3 de febreiro - Emilio Novoa González, radiotelegrafista e político galego (n. 1895).
- 7 de febreiro - Walter Lang, cineasta estadounidense.
- 20 de febreiro - Maria Goeppert-Mayer, física de orixe alemá, premio Nobel de Física en 1963.
- 27 de marzo - Maurits Cornelis Escher, artista holandés.
- 11 de abril - Manuel García Barros, escritor e xornalista estradense (n. 1876).
- 13 de abril - Avelino Cachafeiro, "O Gaiteiro de Soutelo" (n. 1899).
- 16 de abril - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, premio Nobel de Literatura en 1968.
- 11 de maio - Corona González Santos, filántropa, fotógrafa e xornalista galega (n. 1875).
- 3 de xuño - Xesús Calviño de Castro, escritor e xornalista galego (n. 1893).
- 19 de xullo - José María Rivero de Aguilar, militar e político galego
- 22 de xullo - Max Aub, escritor español.
- 1 de setembro - Benito Casasnovas Rodríguez, político socialista galego (n. 1886).
- 25 de setembro - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina.
- 1 de novembro - Ezra Pound, escritor estadounidense.
- 2 de decembro - Ramón Salgado Pérez, avogado, xornalista e político galego (n. 1894).
- 4 de decembro - Vicente Otero Cao, xornalista e historiador galego (n. 1890).
- Física: John Bardeen, Leon Cooper e John Robert Schrieffer
- Química: Christian Anfinsen, Stanford Moore e William H. Stein
- Fisioloxía ou Medicina: Gerald M. Edelman e Rodney R. Porter
- Literatura: Heinrich Böll
- Paz: Non concedido
- Economía: John R. Hicks e Kenneth Arrow
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1972 |