Aeros 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AEROS 1
AEROS 1-2 (AEROS A-B) satellite.jpg
Representación artística dun satélite Aeros en órbita.
Tipo Científico
Organización Bundesministerium fuer Bildung und Wissenschaft[1]
Data de lanzamento 16 de decembro de 1972[1][2][3][4]
Foguete portador Scout[1][5]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg da Forza Aérea[1]
Duración da misión 8 meses
Obxectivo da misión Estudio das capas altas da atmosfera da rexión F da ionosfera.[1]
Decaemento 22 de agosto de 1973[2]
NSSDC ID 1972-100A
Masa 125,7 kg[1][5]

Aeros 1, tamén coñecido como Aeros A[1], foi un satélite artificial alemán adicado ó estudio da atmosfera superior e o espazo exterior.[1][5] Foi lanzado o 16 de decembro de 1972 mediante un foguete Scout desde a Base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita polar cunha inclinación orbital de 96,9 graos e un perixeo e apoxeo iniciais de 222 e 854 km, respectivamente.[1][3] O satélite reentrou e destruiuse na atmosfera o 22 de agosto de 1973.[2]

Características[editar | editar a fonte]

O satélite tiña forma de cilindro de 0,914 metros de diámetro e 0,71 metros de altura. Estabilizábase mediante xiro a 10 revolucións por minuto, co eixo de rotación orientado cara o Sol. A bordo levaba cinco experimentos cos que mediu a temperatura e densidade de electróns, ións e partículas neutras, a súa composición e o fluxo de raios solares ultravioleta.[1][5]

O freado atmosférico do satélite tamén servíu para determinar indirectamente a densidade da atmosfera durante o perixeo da súa órbita.[6] Os datos recollidos polos instrumentos do satélite serviron para mellora-los modelos ionosféricos existentes[7] e as súas medicións dos gases neutros foron comparadas coas de outros satélites, como Aeros 2 e AE-C[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 NASA (8 de xullo de 2011). "Aeros-A" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AEROS (GRS-B)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 John Scali (17 de abril de 1973). "Letter dated 5 April 1973 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (73-07570). Consultado o 4 de setembro de 2011. 
  4. Mark Wade (2011). "AEROS" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Aeros 1, 2" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2011. 
  6. Roemer, M.; Wulf-Mathies, C. (1974). "Atmospheric drag analysis with the AEROS satellite". Zeitschrift fuer Geophysik 40 (5): 625–631. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  7. D. Bilitza, K. Rawer, S. Pallaschke (1988). "Study of ionospheric models for satellite orbit determination". RADIO SCIENCE 23 (3): 223–232. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  8. H Trinks, U Von Zahn, C A Reber, A E Hedin, N W Spencer, D Krankowsky, P Laemmerzahl, D C Kayser, A O Nier (1977). "Intercomparison of neutral composition measurements from the satellite Esro 4, Aeros A, Aeros B, and Atmosphere Explorer C". Journal of Geophysical Research 82 (7): 1261–1265. Consultado o 17 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]