Vicente Otero Cao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1890 A Maciñeira Pequena, España |
Morte | 4 de decembro de 1972 (82 anos) Vilalba, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Vicente Otero Cao, nado na Maciñeira Pequena (O Burgo, Muras) o 9 de febreiro de 1890 e finado en Vilalba o 4 de decembro de 1972, foi un escritor e historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba sendo mozo e case analfabeto en 1905. Traballou como dependente de comercio na Habana e Matanzas. Formouse na illa e publicou poemas e colaboracións en Diario Español, La Antorcha Gallega, Galicia, Suevia, La Alborada, Vivero en Cuba e Pro-Galicia. Foi correspondente en Cuba de Heraldo de Vivero, El Eco Murense e El Progreso Murés. Formou parte da directiva da Sociedade Vivero y su Comarca e dirixiu un tempo Vivero en Cuba. Foi secretario de propaganda da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.
En 1916 regresou a Galicia e instalouse en Vilalba onde abriu un comercio. Foi secretario da Unión Comercial Villalbesa e formou parte da ORGA vilalbesa cando se constituíu en 1930. Na Segunda República militou no Partido Republicano Gallego e foi fundador e administrador de Faro Villalbés. En 1934 foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Vilalba.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto, pero foi posto en liberdade o 8 de decembro. No franquismo foi correspondente de La Voz de Galicia en Vilalba. Finou en Vilalba o 4 de decembro de 1972.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Apuntes históricos de la Comarca de Muras, 1953.
- Pazos señoriales, castillos y fortalezas de la jurisdicción, 1958.
- Villalba y su Jurisdicción. Paginas historicas, 1958-1963.
- Páginas del deporte villabés: desde el año 1925 al 1966, 1966.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santa María do Burgo (Muras) con Josefa Bouza Vellas en 1917.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Izquierda Republicana. Galicia
- ↑ La Voz de Galicia, 5-12-1972, p. 14.
- ↑ El Progreso, 18-9-1917, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 6 de marzo de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ínsua López, E. X. (26 de xullo de 2014). "A sociedade de instrucción “Vivero y su Comarca”". A ínsua do Ínsua.
- Souto Blanco, M. J.. "Vicente Otero Cao". A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo. (1936-1940).