Eminem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eminem
Eminem logo.svg
Eminem DJ Hero.jpg
Eminem actuando en 2011
Nome completo Marshall Bruce Mathers III
Nacemento 17 de outubro de 1972 (44 anos)
Orixe St. Joseph, Missouri Flag of the United States.svg
Ocupación(s) Cantante, produtor, compositor, actor
Xénero Hip hop
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico(s)
Relacionado con
Tempo en activo 1988-

Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972,[1] coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de Hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.[2][3][4][5] Cun total de 45,1 millóns de álbums vendidos e 42 millóns de cancións vendidas nos Estados Unidos a data de xuño de 2014, Eminem é o segundo artista varón con máis vendas da era Nielsen SoundScan, o sexto artista co maior número de vendas nos Estados Unidos e artista con maior número de vendas do hip hop.[6][7][8] Globalmente vendeu máis de 172 millóns de álbms, sendo un dos artistas con maior número de vendas en todo o mundo. A revista Rolling Stone situouno na posición número 83 na súa lista dos 100 Mellores Artistas de Tódolos Tempos.[9]

Tralo seu álbum de estrea Infinite (1996) e o Slim Shady EP (1997), Eminem asinou co selo de Dr. Dre, Aftermath Entertainment, e acadou a popularidade no ano 1999 co álbum The Slim Shady LP, polo que obtivo o seu primeiro Grammy ó Mellor Álbum de Rap.[10] Os seus dous álbums seguintes, The Marshall Mathers LP (2000) e The Eminem Show (2002), acadaron un gran éxito en todo o mundo, conseguindo a certificación de diamante da RIAA e obtendo un novo Grammy ó Mellor Álbum de Rap por cada un deles.[10] A estes seguiulle Encore (2004), que foi outro éxito comercial e da crítica. Tras unha pausa no 2005, publicou Relapse no ano 2009 e Recovery en 2010, gañando de novo un Grammy por cada un deles, con Recovery posicionándose coma o álbum máis vendido do mundo no 2010. O seu oitavo álbum de estudio, The Marshall Mathers LP 2 (2013), gañou dous premios Grammy.[10]

A maiores da súa carreira en solitario, Eminem é un dos membros orixinais dos grupos Soul Intent e D12.[1] Tamén colaborou con Royce da 5'9", baixo o nome colectivo de Bad Meets Evil.[11] Fundou o selo Shady Records co director executivo Paul Rosenberg, con artistas destacados coma 50 Cent. En novembro de 2002 protagonizou o filme 8 Mile, que gañou un Premio Oscar a mellor canción orixinal co tema "Lose Yourself".[12] Eminem fixo varios cameos nos filmes The Wash (2001), Funny People (2009), The Interview (2014) e na serie de televisión Entourage (2010).[13][14]

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Con D12[editar | editar a fonte]

Artigo principal: D12.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
2000 Da Hip Hop Witch
2001 The Wash Chris Sen acreditar
2002 8 Mile Jimmy "B-Rabbit" Smith, Jr. Premio Oscar a mellor canción orixinal ("Lose Yourself")
2009 Funny People Cameo
2014 The Interview Cameo

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 Ankeny, Jason; Torreano, Bradley (2006). "Eminem – Biography". Allmusic. Consultado o 30 de xaneiro de 2008. 
  2. "Eminem Will Score Biggest Sales Week of 2010". Rolling Stone. 24 de xuño de 2009. Consultado o 12 de agosto de 2010. 
  3. "Eminem Four Singles in Billboard Hot 100 Top 20". Complex. 8 de novembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  4. "Eminem Ties Beatles Billboard Record | Hot 96.3". Indyhiphop.com. 11 de novembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  5. "Eminem Is First Lead Artist Since Beatles to Score 4 Top 20 Hits – News – Fuse". Fuse.tv. 8 de novembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  6. Grein, Paul (11 de xuño de 2014). "Chart Watch: 50 Cent's Sales Slide". Yahoo!. 
  7. Business Wire (5 de xaneiro de 2012). "The Nielsen Company & Billboard's 2011 Music Industry Report". Business Wire. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  8. "Eminem becomes first double Diamond Digital winner". June 11, 2014. 
  9. "Rolling Stone, 100 Greatest Artists of All Time". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "The Greatest MCs of All Time". MTV. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 8 de xullo de 2008. 
  11. "Eminem And Royce Da 5'9" To Drop Bad Meets Evil EP". MTV. 25 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  12. Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 137. ISBN 1-904994-10-5. 
  13. "Eminem, Aguilera to Appear on Entourage Season Finale". TVGuide.com. 29 de xuño de 2010. Consultado o 30 de xuño de 2010. 
  14. Keneally, Meghan (18 de decembro de 2014). "'The Interview': Best Scenes From the Movie That Won't Be in Theaters". ABC News. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]